Guía de conversa en galego para visitantes de orixe francesa e alemá, para poderen achegarse ao galego dun xeito doado.
Guía de conversa en galego para visitantes de orixe francesa e alemá, para poderen achegarse ao galego dun xeito doado.
Publicación que recompila o traballo realizado polo artista Joan Morey no contexto de Proxecto-Edición. A triloxía de perfomances realizadas no CGAC baixo o título "OBEY, Humillados & Ofendidos" explora temas relacionados coa práctica artística e o papel da persoa creadora, para pescudar verbo das sombras do pesimismo e do tremendo; do que reduce o ser humano á involución de estar sumido nunha impotencia aprendida.Invisibilidade e interrogación combínanse para ofrecer un proxecto fecundo en equívocos, no que aparece un artista máis digresivo ca discursivo, en consonancia coa poética da desolación que caracteriza os seus últimos traballos. A partir de intrincadas estruturas narrativas sobre a degradación, a perda e o baleiro, saltos no tempo e no espazo e reiterada desorde temporal, o que quedará é o núcleo inescrutable que transmite a súa obra: o fracaso.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Número dous da revista científica Ad limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.