Catálogo da exposición Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media que presenta os principais códices das dioceses galegas, entre eles o Códice Calixtino.
Catálogo da exposición Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media que presenta os principais códices das dioceses galegas, entre eles o Códice Calixtino.
Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.
O Proxecto Lugares nace coa intención de transformar, dun xeito sostible, o espazo público no Camiño de Santiago, un dos itinerarios máis transitados e relevantes do mundo. A través dunha mirada multidisciplinaria, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade.
Esta publicación é unha guía de consulta eminentemente práctica, útil para aquelas persoas que se queiran introducir no coñecemento dos fungos que medran nos diferentes hábitats presentes na nosa comunidade.
Catálogo da exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela, comisariada por Pilar Corredoira e Antón Castro, que reflicte o relato pictórico do artista José María Barreiro, fundindo diacronía e sincronía, é dicir, amosa a súa obra a través do tempo, pero tamén rompe esa idea de evolución cronolóxica co obxectivo de exhibir as transformacións nas súas creacións do presente. O catálogo conta con textos dos comisarios e de amigos, como Lugrís, Oroza, Barciela ou Álvaro Cunqueiro e reproduce todas as obras da exposición.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Vigo no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Vigo. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
Publicación que recolle a estratexia a seguir polo Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias na comunidade galega nos próximos cinco anos.
A Guía de Práctica Clínica sobre o Manexo da Depresión no Adulto publicouse no ano 2014, formando parte do Programa de Guías no Sistema Nacional de Saúde. O propósito desta guía era mellorar a atención prestada aos pacientes con depresión no ámbito de atención primaria e hospitalaria, a través de recomendacións, un algoritmo terapéutico, indicadores de calidade e información para pacientes e familiares. O tempo transcorrido desde a súa publicación, a nova evidencia publicada e a magnitude do problema fan relevante a súa revisión. O obxectivo deste informe é documentar o procedemento para a revisión da vixencia da guía e os principais resultados e conclusións do grupo de traballo.
Folleto no que se indican as principais recomendacións para a prevención da exposición a sílice cristalina respirable en talleres e obras.
O libro “Memoria Xacobeo 21-22" recolle os eventos máis destacados da programación deseñada pola Xunta de Galicia para o Ano Santo 2021-2022. A cultura (música, exposicións, audiovisual, concertos etc.), o pensamento, o aspecto social etc., conformaron unha programación especial para un Xacobeo diferente, condicionado pola COVID-19, que obrigou a repensar e reformular esta programación.