Catálogo

Amosando 673 - 684 de 977

Manual que proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamentais os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos

18,00 €
Autor/a
López Vázquez
José Manuel B.
Tradutor/a
Rodríguez Pérez
X. Carlos
Ilustrador/a
Vázquez Díaz
Francisco
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición de idéntico título que recolle contribucións de varios autores sobre a obra de "Compostela" (pseudónimo de F. Vázquez Díaz) e contextualízana no seu ambiente na Compostela de 1935-1936, período en que realizou os debuxos que serven de guía a esta exposición. Como material complementario leva un cartafol adxunto con 26 debuxos do autor.

Temáticas
Autor/a
Svalastog
Borgny
Tradutor/a
Puentes Chao
Antonio
Tradutor/a
Barrientos da Silva
Mark
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición 14+1 Estacións, que recolle a obra que a artista norueguesa Borgny Svalastog realizou especificamente ao longo dos últimos tres anos para ser exhibida no Museo das Peregrinacións. Do mesmo xeito, recolle estudos de especialistas sobre a obra e a traxectoria de Borgny, unha das artistas máis importantes de Noruega. Ademais de en galego e inglés, inclúe textos en español, noruegués e islandés porque esta exposición viaxará por diversos países nórdicos ao longo dos próximos anos.

21,00 €
Fotógrafo/a
Moleres
Fernando
Tradutor/a
Rodríguez
Xoán Carlos
Lingua/s
Castelán
Galego

Preséntase unha colección fotográfica da peregrinación que cristiáns ortodoxos coptos realizaban a Lalibela (Etiopía) e acompáñase de textos sobre esta interesante peregrinación a un enclave incluído pola Unesco na lista de bens patrimonio da humanidade.

Temáticas
18,00 €
Autor/a
Arias Martínez
Manuel... [et al.]
Coordinador/a
Novoa Portela
Feliciano
Lingua/s
Castelán

Catálogo da exposición do mesmo nome que recolle estudios de especialistas nacionais sobre a obra de Exeria e os panoramas cultural, histórico e político da época tardoantiga no Mediterráneo. Na segunda parte do catálogo recóllense as pezas presentes na exposición.

18,00 €
Autor/a
Arias Martínez
Manuel... [et al.]
Coordinador/a
Novoa Portela
Feliciano
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición do mesmo nome que recolle estudios de especialistas nacionais sobre a obra de Exeria e os panoramas cultural, histórico e político da época tardoantiga no Mediterráneo. Na segunda parte do catálogo recóllense as pezas presentes na exposición.

Autor/a
Grupo de traballo da Guía de práctica clínica sobre el manejo de la depresión en el adulto. Álvarez Ariza, María [et al.].
Lingua/s
Castelán

Os obxectivos da "Guía de práctica clínica sobre o manexo da depresión no adulto. Versión resumida" son: mellorar a atención sanitaria prestada a pacientes con depresión no ámbito da atención primaria e hospitalaria do Sistema Nacional de Saúde; ofrecer recomendacións actualizadas ao persoal profesional sanitario para a atención a pacientes con depresión.

A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) coma unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode avaliarse en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde e a distribución destes na poboación sobre a que se actúa. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información quen toman as decisións sobre as implicacións na saúde que teñen as políticas que se van establecer, tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde, que tivo unha parte non presencial que se desenvolveu en liña, e cuxos resultados se presentan neste informe.

Autor/a
Vázquez Fernández
Ana María
Coordinador/a
Rega Piñeiro
José
Coordinador/a
Ferrón Vidán
Lucía
Lingua/s
Castelán

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitacón de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.