Documento no que se recollen os principais riscos e medidas preventivas nos traballos na vendima.
Documento no que se recollen os principais riscos e medidas preventivas nos traballos na vendima.
Folleto informativo verbo dos principais riscos no traballo relacionado coas canteiras de granito, así como verbo das medidas preventivas recomendadas.
Medidas básicas para a prevención dos TME entre o persoal das explotacións de gando vacún (carne e leite), como resultado dun estudo biomecánico de todas as tarefas realizadas en cada unha das zonas de traballo destas explotacións.
Tríptico coa descrición dos riscos e efectos sobre a saúde do persoal nas explotacións de gando vacún, así como unha relación de consellos útiles e exercicios de quencemento previos á actividade para previr os trastornos musculoesqueléticos no seu traballo.
Relación de consellos útiles e exercicios de quencemento previos á actividade do persoal das explotacións de gando vacún para previr os trastornos musculoesqueléticos no seu traballo.
Informe en soporte electrónico destinado a obter unha lista de tecnoloxías sanitarias priorizadas, novas e emerxentes, susceptibles de ser incorporadas ao Sistema Nacional de Saúde nos próximos 0-2 anos.
Documento en soporte electrónico, preparado co obxectivo xeral de sintetizar os aspectos máis importantes en relación cos principios, procedementos e metodoloxía da elaboración de informes rápidos de avaliación de tecnoloxías sanitarias no contexto da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde.
Documento electrónico en liña no que se recolle a situación do sector forestal en Galicia, consellos útiles e boas prácticas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.
Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso, a comprendida entre 1891 e 1895. Estuda con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións, cos correspondentes textos que explican o contido da mostra, xunto coas imaxes das obras expostas.
Os textos realizáronos a comisaria, Malén Gual, xunto con outros especialistas, como Xosé R. Barreiro, X. Antón Castro, Rafael Inglada, Marilyn McCully, César Antonio Molina, Elena Prado, Eduard Vallès ou Rubén Ventureira.
Complétase cunha bibliografía xeral, a relación catalográfica das preto de máis de 200 obras que forman parte da mostra e e a tradución dos textos ao inglés.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Catálogo da exposición fotográfica “En Camiño”, de Silvia Steinbach. As fotografías recollen imaxes do Camiño Francés e da cidade de Santiago de Compostela; un percorrido por distintos espazos naturais e culturais que compón un relato plural sobre a experiencia da peregrinación.