Catálogo

Amosando 517 - 528 de 977
Autor/a
ABACO IGVS
Lingua/s
Castelán

Guía electrónica en liña dirixida ás persoas con cualificación técnica de proxectistas, na que se establecen as estratexias pasivas ligadas ás variables climáticas específicas da zona onde se localice o edificio, para que se adopten no deseño, co fin de reducir as necesidades de demanda e consumo enerxético e mellorar os requisitos esixibles ata o nivel desexado. Pódese acadar o estándar de edificio case nulo (nZEB), e introduce criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos.
A guía, malia poderse aplicar a calquera tipo de edificación de nova construción, está pensada fundamentalmente para edificios de vivendas.

Guía electrónica en liña que recolle as solucións construtivas máis frecuentes no eido da rehabilitación arquitectónica, cunha incidencia especial na sostibilidade da actuación e eficiencia enerxética.
Configúrase como unha ferramenta sinxela, que lles permita ás persoas con cualificación técnica implicadas no eido da rehabilitación:
- Adoptar as solucións de rehabilitación dos edificios, tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións, que garantan o cumprimento e a mellora dos estándares básicos establecidos pola normativa de aplicación
- Garantir a correcta execución das solucións adoptadas para o cumprimento dos obxectivos buscados
- Determinar que solucións de rehabilitación deben de adoptar para garantir o cumprimento dos estándares esixibles en materia de aforro enerxético, ou adoptar solucións que permitan superar os ditos estándares en función da mellora que se pretenda acadar.
A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia, desenvolvido polo IGVS no marco deste proxecto, permite adoptar as solucións máis axeitadas, de acordo coa localización específica do edificio, xa que estes mapas caracterízan todo o territorio galego en función de parámetros climatolóxicos que condicionan o comportamento dos edificios en materia de eficiencia enerxética.

30,00 €
Coordinador/a
Pérez Outeiriño
Bieito
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os ditos fondos. Complétase con textos realizados por especialistas sobre a materia. Mantense o idioma orixinal no que se redactaron os referidos textos.

Temáticas

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

6,00 €
Autor/a
Méndez Martínez
Gonzalo
Lingua/s
Castelán
Galego

Recuperación da lembranza dunha das figuras de maior trascendencia práctica para o desenvolvemento de Galicia. Domingo Fontán, como xeógrafo, levantou o primeiro mapa de Galicia con criterios e técnicas cartográficas modernos; así mesmo, desenvolveu un labor político moi importante, baseado nun profundo coñecemento do país, no século XIX.

12,00 €
Autor/a
Almazán
Vicente
Lingua/s
Castelán

Obra publicada no ano 1995 pola Consellería de Cultura e reeditada no ano 1998. Introdúcenos nos itinerarios históricos das peregrinacións en Dinamarca, ao tempo que estuda as pegadas do Camiño e o culto a Santiago na arte e a literatura do país. As peregrinacións a Compostela desde os países escandinavos foron o fío condutor da investigación do seu autor, o profesor, filólogo e historiador Vicente Almazán, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata o seu falecemento, no ano 2006.

9,02 €

O catálogo da exposición organizada en 1992 polo Museo de Belas Artes da Coruña, comisariada por Beatriz Martínez-Barbeito Manovel, é o resultado dun proxecto de investigación e reivindicación desde o museo sobre a figura e a obra deste paisaxista galego do século XIX. Partindo da colección de acuarelas que custodia o museo, expóñense máis de cen pezas na súa maioría acuarelas, pero tamén óleos e litografías do pintor nos cales plasma paisaxes das súas viaxes pola xeografía española. O catálogo contén varios artigos que tratan sobre a vida e a obra do pintor, o paisaxismo en España no século XIX, a arte en Galicia durante o Romanticismo, e a restauración da colección de acuarelas do museo.

Temáticas

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.

Autor/a
Lago
Eduardo
Coautor/a
Ruíz Samaniego
Alberto
Coautor/a
Segade
Manuel
Coautor/a
Vilariño
Manuel
Tradutor/a
Smith
David
Lingua/s
Inglés
Castelán

Tectónica é una prospección no universo creativo e poético de Manuel Vilariño, pero cunha perspectiva que nos permite aproximarnos á súa obra desde un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo; é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas -a propia experiencia vital- deste creador tan singular. Tectónica abesoura nos lugares onde se gorece o silencio, o asombro orixinal do acto creativo; tamén o esplendor das imaxes, alí onde estas fulguran.

Temáticas