Catálogo

Amosando 469 - 480 de 977
Entidade
Danagroup
Lingua/s
Castelán

O proxecto Nutriage nace co obxectivo de asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica. Neste manual de identidade corporativa da marca gráfica de Nutriage descríbense algunhas regras para a súa correcta aplicación e colocación, segundo os casos: en convivencia con outras marcas, medios audiovisuais, papelería, publicidade en prensa e outras aplicacións.

Publicación electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias co obxectivo de facilitar información actualizada daquelas axudas que redundan na mellora da calidade de vida de cada un dos seus membros: as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal, así como información dos servizos, plans e programas ofertados polos diversos departamentos da Administración autonómica. Todo isto encamiñado a apoiar e favorecer as familias galegas

Lingua/s
Castelán
Galego

Esta publicación, titulada "Paseantes, viaxeiros e paisaxes", recolle os traballos de especialistas que participaron nas xornadas e no seminario do mesmo nome celebradas no CGAC no marco dunha nova liña de traballo e debate sobre as estéticas da paisaxe contemporánea. Nesta publicación, cóntase coa colaboración extraordinaria do artista británico Richard Long, referencia internacional da arte conceptual e a land-art.

Temáticas
Autor/a
Varios
Lingua/s
Castelán

Manual que ten por obxecto concienciar e espertar o interese dos profesionais cara á correcta e eficaz práctica dos métodos de eutanasia e atordamento á hora do sacrificio dos animais destinados á alimentación humana, á investigación ou eliminación de animais non desexados.

Plan específico de Igualdade no ámbito educativo que serve de referente a todos os centros educativos, co fin de abordar a temática da coeducación e a prevención da violencia de xénero desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal, no que se recollen de forma sistemática as medidas que se van desenvolver nas diferentes áreas do ámbito educativo dirixidas ao alumnado, profesorado e equipos de orientación.

30,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán

Catálogo da exposición do mesmo título organizada polo CGAC.Canda os ensaios da comisaria, Alicia Murría, e o director do CGAC, Santiago Olmo, este volume reúne unha serie de achegas textuais realizadas entre os anos oitenta e o 2016; nelas están condensados os temas fundamentais que atravesan a obra desta autora.

Temáticas
10,00 €
Autor/a
Navarro [et al...]
Mariano
Lingua/s
Castelán
Galego

Primeira dunha serie de tres publicacións que recollen o contido dos debates sobre a crítica de arte en España. Estas xornadas de debate tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea entre os meses de marzo e maio de 2017, e están encadradas no marco máis amplo do proxecto titulado [Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995, comisionado por Mariano Navarro e Armando Montesinos.

Temáticas

Documento en formato de fichas que se configura coma unha ferramenta de axuda e para dar unhas pautas básicas de actuación para evitar que eses materiais atopados de forma inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas, por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuaren de maneira imprudente.