Catálogo

Amosando 325 - 336 de 977
Autor/a
Blanco López
Rosa María [et.al].
Lingua/s
Castelán

O programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas. Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

70,00 €
Autor/a
Gaos Berea
Andrés
Revisor/a
Joám Trillo
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella.
Nas montañas de Galicia foi composta en Bos Aires entre 1917 e 1919 e, aínda que premiada en concursos auspiciados pola Institución Mitre en 1923 e polo Centro Galego de Bos Aires trinta anos máis tarde, o autor non podería ver estreada a súa obra (só o seu último tempo, Danza campestre), pois a sinfonía completa se estrearía en conmemoración do centenario do seu nacemento, quince anos despois da súa morte, durante as xornadas galegas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires o 28 de xullo de 1974. A estrea europea tería lugar ao ano seguinte na Coruña, no Teatro Colón.
En palabras de Joam Trillo, estamos ante unha sinfonía cos seus movementos convencionais -mutatis mutandis- estruturados como os dunha sinfonía clásico-romántica pero con elementos cíclicos e cunha temática totalmente galega, aínda que non comporte necesariamente que o tema en cuestión sexa recoñecible na tradición ou nos cancioneiros, dado que algúns son do propio autor e outros sofren transformacións ata facelos irrecoñecibles.
Contén CD coas partes instrumentais.

Temáticas
10,00 €

Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016.
Co obxecto de dar á gastronomía unha identidade máis sólida no ámbito cultural, levouse a cabo esta publicación enogastronómica que fortalece o interese pola gastronomía desde o punto de vista académico e científico, reunindo nun congreso investigadores que profundizaron no tema das relacións entre lingua, literatura e comida en Italia e España.
O lector atopará contribucións relevantes para descubrir o vínculo existente entre lingua común ou literaria e comida no trascurso dos séculos.

20,00 €
Autor/a
Pousa Diéguez
Rodrigo
Lingua/s
Castelán

Estudo sobre a Galicia do Antigo Réxime que analiza polo miúdo unha época en que a comunidade galega contaba cun mapa administrativo moi fragmentado e complexo, con sete provincias divididas en incontables xurisdicións, concellos e partidos. Este traballo presenta desde unha óptica multidisciplinar as particularidades máis destacables das vilas de Muros, Noia e Corcubión durante o citado período histórico. O estudo pon de relevo aquelas características comúns a todos estes territorios –emanadas do seu carácter urbano, marítimo-portuario, señorial e galaico- así como as diferencias existentes entre elas, facendo fincapé na pluralidade do fenómeno municipal do noroeste peninsular. Este traballo resultou premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.

Autor/a
Prieto Lago
Alejandra... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Castelán

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e como o abandono dos horarios e da rutina escolar os afecta de maneira especial na relación cos seus familiares e coidadores.
A publicación informa sobre os problemas que se poden presentar e dá pautas de comportamento que axudan a equilibrar os tempos de lecer sen renunciar ás rutinas básicas e similares ás do resto do ano.

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévano a cabo todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo (hoxe Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar) desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

O obxectivo deste documento é avaliar, mediante revisión sistemática, a efectividade e seguridade do PET cerebral de amiloide no diagnóstico do deterioro cognitivo, enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, así como o seu impacto no manexo diagnóstico e terapéutico destes pacientes.