Este procedemento intégrase no programa Femora, que recopila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo da pulsioximetría.
Este procedemento intégrase no programa Femora, que recopila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo da pulsioximetría.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
O instrumento VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en Protección de Menores da Xunta de Galicia para a execución das competencias establecidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, en relación á investigación e valoración das situacións de desprotección que afectan a nenos, nenas e adolescentes. O instrumento achega criterios técnicos para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión. Preséntase como unha ferramenta que, do mesmo xeito que outros instrumentos técnicos, ha de ser utilizada por profesionais capacitados como orientación, fundamento e apoio ao xuízo profesional, nunca como substituto deste.
O Dicionario de alimentación e restauración é unha recompilación dos termos da linguaxe gastronómica e culinaria relevantes desde o punto de vista conceptual ou denominativo. O seu obxectivo é contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica e culinaria en lingua galega, resolver dúbidas puntuais sobre os termos e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector. Recolle aproximadamente 3000 conceptos, con 3600 denominacións en galego, 3700 equivalencias en castelán e 3500 en inglés, ademais de 320 nomes científicos.
Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfemidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, como a prácticas de risco e distribución temporoespacial.
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.
Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa cronobiografía sobre a homenaxeada que asinan os editores da publicación.
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
Este estudo trata todo o relacionado cos itinerarios silvícolas utilizados nas simulacións realizadas, así como os ingresos e gastos vinculados con estes.
Catálogo da exposición "Galicia, un relato no mundo" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas nos temas tratados. Ademais, inclúe textos do escritor Robert MacFarlane.
Catálogo da exposición "Galicia futura". Galicia futura é unha exposición que amosa cal pode ser o futuro de Galicia en diferentes campos, que van desde as artes ou a música ata a biomedicina e as enxeñarías. Expón un futuro desexado e posible a partir da análise do que están a facer agora mesmo en Galicia os profesionais e grupos de vangarda.
Catálogo da exposición "Os brancos segredos do seu ventre" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e fichas dos 170 artistas que forman a colección depositada na Fundación Rac.