Realízase unha análise da actividade asistencial e programas de saúde pública nos anos 2019-2021 para verificar se durante os meses da pandemia da Covid-19 se produciu un impacto nesta actividade.
Realízase unha análise da actividade asistencial e programas de saúde pública nos anos 2019-2021 para verificar se durante os meses da pandemia da Covid-19 se produciu un impacto nesta actividade.
Este procedemento pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo e a atención a pacientes con ventilación mecánica non invasiva (VMNI) publicado no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en https://femora.sergas.es/
O principal obxectivo desta guía é ofrecerlles aos profesionais criterios para a organización e a xestión da unidade de esterilización co fin de contribuír á mellora nas condicións de seguridade e calidade da súa práctica, o que inclúe a eficiencia, o deseño e o equipamento que lle permitan a cada hospital a elaboración do seu propio protocolo e dos procedementos normalizados de traballo e calidade.
Número XIII da revista científica multilingüe, Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado á “Cultura escrita, mulleres e peregrinación na Europa Medieval”.
A Vía da Prata. Aires do sur proponnos un percorrido a través de 150 anos de historia da fotografía, que nos convida a reflexionar sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo. A exposición componse dunha selección de fotografías do século XIX ao XXI, tomadas en diferentes puntos do percorrido do Camiño desde Sevilla a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Editado con motivo do seminario Camilo José Cela. A palabra e a imaxe, que tivo lugar no CGAC o 4 e 5 de xuño de 2021, este volume recolle unha colección de artigos que exploran a obra do premio Nobel a partir da relación da súa obra narrativa-contos, apuntamentos carpetovetónicos, libros de viaxes, relatos pseudoemblemáticos, fotorrelatos, calidoscopios, mesmo novelas- coas artes visuais a través do diálogo con pintores (Picasso, Esplandiú, Zabaleta ou Lloveras), debuxantes (Lorenzo Goñi) e fotógrafos (Wlasak, Fontserè ou Palazuelo). Se hai algo que caracteriza a obra de Cela é a súa vontade permanente de conversar coas imaxes, en ocasións de modo solidario e a miúdo de modo solidario e outras de modo irónico ou paródico, teimando sempre en subvertelas desde a palabra.
Hamish Fulton (Londres, Reino Unido, 1946) é un artista cuxa obra é o resultado do encontro entre a arte e o camiñar. Leva desde 1969 realizando camiñadas por distintas paraxes do planeta: percorreu a Península Ibérica de costa a costa en varias ocasións, visitou case toda Europa, Canadá, Estados Unidos, México e Australia, e camiñou polas montañas da India e do Nepal. Con motivo da exposición Walking East, organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea, planeou un percorrido partindo desde Fisterra, en dirección a Santiago de Compostela, Pamplona e Roncesvalles ata Hendaia.
Esta publicación presenta unha serie de obras resultantes deste proxecto acompañadas dunha conversa na cal o comisario da exposición, Pep Benlloch, e o artista falan sobre a experiencia no Camiño e a carreira de Hamish Fulton como walking artist (artista camiñante).
A enfermidade coronaria supón un importante problema de saúde pública debido á súa incidencia crecente e a que constitúe a principal causa de morte no mundo. no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, púxose en marcha en maio de 2005 o Programa Galego de Atención ao Infarto Agudo de Miocardio (PROGALIAM). Este programa foi un dos primeiros en implantarse en España (só por detrás dos de Murcia e Navarra). Debido ao tempo transcorrido, viuse necesario adaptar o Progaliam do ano 2005 ás novas e actuais evidencias, e ás actuais recomendacións das Guías de Práctica Clínica. É por iso, que na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, constituíuse un grupo de traballo formado por cardiólogos intervencionistas das 7 áreas sanitarias, así como profesionais médicos de Atención Primaria e Urxencias.
A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais sanitarios no que respecta á administración de fármacos por vía ótica, de modo que se reduza a variabilidade clínica, se incorporen as mellores prácticas na actividade asistencial e se garante unha administración eficaz e segura.
Publicado no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en https://femora.sergas.es/
Nesta guía presentase o Protocolo de actuación para pacientes con síndrome coronaria aguda con elevación del segmento ST en Galicia. Consta do algoritmo de reperfusión, da terapia inicial, así como dos circuitos e tempos indicados para abordar esta patoloxía.
Os sistemas portátiles de diálise domiciliaria (HDD) están deseñados para que os pacientes realicen o seu tratamento de diálise no seu domicilio. Son equipos compactos e lixeiros que lle permiten ao paciente adaptar as sesións de diálise ás súas necesidades e estilo de vida. Aumentan a autonomía e independencia, melloran a integración familiar, social, laboral e escolar; non necesitan realizar modificacións no domicilio e as versións máis recentes permiten a telemonitorización.
Comparado con outras técnicas de diálise (peritoneal e hospitalaria), os estudos, aínda que de baixa calidade, demostran que a HDD presenta un perfil de seguridade e efectividade favorable.