Selección de pezas da colección do museo con información catalográfica, imaxes, selección de procesos de restauración e bibliografía, así como textos explicativos, traducido a castelán e inglés.
Selección de pezas da colección do museo con información catalográfica, imaxes, selección de procesos de restauración e bibliografía, así como textos explicativos, traducido a castelán e inglés.
Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (35), a partir dun impreso do fondo das Juventudes de Acción Popular, dáse noticia do valor desta documentación para coñecer o funcionamento das dereitas ourensás nos primeiros momentos da Guerra Civil.
O catálogo da exposición "Espectral" propón unha relectura dos fondos das coleccións do CGAC a partir da mostra comisaria por Miguel von Hafe Pérez que acolleu o centro compostelán durante o primeiro semestre de 2010. A mostra, que reúne obra de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, ábrese a diferentes perspectivas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa recepción a arte consegue densificar.
A Norma Galega de Descrición Arquivística nace co obxectivo de facilitar a aplicación concreta da Norma ISAD (G) nos arquivos galegos. É polo tanto unha norma de contido de documentos de arquivo, na medida que concreta a estrutura e trata de fixar a información que debe recollerse en cada elemento da norma internacional. A Nogada resume a estrutura do fondo documental, ratifica a súa esencia xerárquica e traduce na práctica a aplicación dos principios arquivísticos fundamentais de procedencia, estrutura e orde orixinal. O resultado é unha guía indispensable para os arquiveiros do Servizo do Sistema de Arquivos da Comunidade Autónoma.
A monografía Bas Jan Ader. Entre dos tierras recupera o traballo dun dos artistas máis fascinantes da segunda metade do século XX. Dacabalo entre o romanticismo de Friedrich e oracionalismo de Mondrian, pero cos dous pés firmemente instalados nas novas linguaxes conceptuais que se xestaban en California, a súa obra é hoxe esencial para as novas xeracións de artistas.
Con este libro inaugúrase unha serie de publicacións de guías metodolóxicas coas que se pretende contribuír ao coñecemento dos procedementos da arqueoloxía e das súas ciencias auxiliares co obxectivo de servir de axuda na interpretación do rexistro arqueolóxico. A Guía de arqueobotánica ten por obxecto proporcionar orientación sobre os criterios e métodos da arqueoloxía nesta materia, e facilitando directrices e elementos para a recuperación dos materiais orgánicos en contextos arqueolóxicos. Ademais, acompáñase de información complementaria en soporte dixital, formularios e etiquetas, base de datos e informes de diversas actuacións cara a facilitar a planificación dos traballos.
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico com continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.
Selección de obras fotográficas realizadas por Luis Gabú resultado das súas investigacións e viaxes por Etiopía, nas que o autor reflicte a existencia dun núcleo cristián que se mantivo á marxe das relixións musulmá e xudía.
A fotografía de Jeff Wall está consciente e fondamente enraizada no social: na comunidade artística de Vancouver, onde xurdiu o seu traballo a comezos dos anos setenta, nas políticas raciais e de xénero do noso tempo, que analiza con excelente claridade nas súas caixas de luz de gran formato equiparables coa pintura pola súa escala e pola súa magnificencia. Neste volume, editado polo profesor Hans de Wolf e con contribucións de artistas e estudosos da súa obra, como David Claerbout, Roy Arden, Michael R. Taylor ou Peter Osborne, atopamos unha colaxe das referencias culturais que influíron na obra do artista canadense canda unha selección de aproximadamente 25 das súas obras máis salientables, realizadas entre os anos setenta e a actualidade.
Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público ámplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (46), a partir da relación dun plano do destacamento penal de Casaio, faise un achegamento a este tipo de dependencia penitenciaria dedicado á extracción de wolframio, así como á documentación que xerou mentres existiu.
Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público ámplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (45), a partir da relación de libros utilizados en 1940 para a actividade de "lectura en común" na Prisión Provincial de Ourense, faise un achegamento a esta institución penitenciaria e ao fondo documental que xerou.