Catálogo

Amosando 601 - 612 de 977
20,00 €

Catálogo da exposición temporal "De Picasso a Barceló: A Colección Mayoral", que conta con dúas presentacións institucionais (do conselleiro de Cultura e Turismo e do director xeral de Patrimonio Cultural), amais dunha presentación do coleccionista Manuel Mayoral e outra da directora do Museo de Belas Artes da Coruña. A continuación figura un texto do comisario, que fai un percorrido pola plástica do século XX a través dos autores que forman parte da exposición. Tras este texto aparecen as imaxes das obras dos autores, coa correspondente ficha técnica. Inclúese ao final a tradución de tódolos textos ao castelán.

Temáticas
Autor/a
Barbosa Lorenzo
Raquel
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Lingua/s
Castelán

Publicación en soporte electrónico que ten como obxectivo avaliar a efectividade e a seguridade da anxioplastia con estent capturador de células proxenitoras de endotelio en pacientes con cardiopatía isquémica debida a estenoses coronarias.

Boletín electrónico en liña de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no eido da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

30,00 €
Director/a
Seara Morales
Iago
Lingua/s
Castelán

Publicación que recolle unha síntese do Plan Director da catedral de Tui, elaborada por un amplo grupo de especialistas que se centraron en diversos aspectos: estudos histórico-artísticos, de materiais e técnicos, estado material das fábricas e os seus compoñentes, o seu comportamento hidráulico, a realidade espacial, litúrxica e cultual no conxunto, e propostas (desde intervencións puramente construtivas, ata propostas de usos, proxeccións e continuidade da investigación). Así mesmo, o plan director completo pódese consultar no dvd que leva incorporado o libro no interior da contracapa.