Catálogo da exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva.
Catálogo da exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva.
O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Trátase dun traballo de investigación sobre os peregrinos e viaxeiros de fala inglesa que se achegaron a Santiago de Compostela. Neste primeiro volume o abano cronolóxico abrangue desde 1808 ata 1900. Este libro ofrece unha análise das vivencias destes peregrinos e viaxeiros a través dos seus diarios, cartas e relatos. O autor ofrece unha reconstrución dos seus itinerarios, explora as súas motivacións e descobre como percibiron a cidade e os seus habitantes. Isto vainos permitir coñecer a evolución da urbe do Apóstolo nos seus aspectos arquitectónicos, urbanísticos, ambientais, sociais, culturais e económicos.
Monografía ilustrada con texto e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Transcrición, estudo e edición crítica do epistolario de Florentino López Cuevillas, como homenaxe no centenario da Xeración Nós.
Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester no vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, así como contribuír a que a cidadanía se poida achegar ao seu valioso labor de creación cunha nova e máis completa mirada.
As pezas que conforman esta mostra, que reúne materiais bibliográficos; manuscritos e primeiras edicións; debuxos e fotografías; obxectos de traballo e persoais; prensa e material gráfico diverso, proceden fundamentalmente dos fondos da Biblioteca Nacional e da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con achegas de particulares e doutras institucións, bibliotecas e arquivos, como Filmoteca Española, Diario de Pontevedra e a Biblioteca Regional de Madrid.
Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico galego. Coa axuda de múltiples voces chegadas de ámbitos tan diversos como a historia da arte, a crítica ou a poesía, o libro propicia unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Lamazares.
Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. A súa pintura é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.
Neste traballo revísanse as relacións entre as características do hábitat e as poboacións bentónicas, así como as técnicas dispoñibles para a restauración das características dos sedimentos para axudar a recuperar a diversidade e a produción das especies explotadas. Os resultados obtidos coa aplicación destas técnicas en Galicia amosan como as modificacións nas características dos sedimentos producen cambios na diversidade vencellados a cambios nas comunidades bentónicas.
Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas nadas na década dos anos 50 cuxas traxectorias paga a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen o xa coñecido no tecido cultural, político e social dos anos 80. Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
Folleto no que se recollen as medidas preventivas contra as caídas de altura na instalación e mantemento de paneis solares en cubertas.