Catálogo

Amosando 877 - 888 de 971

O libro “Memoria Xacobeo 2010” recolle os eventos máis salientables da programación deseñada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para o Ano Santo 2010.
Esta memoria percorre os 10 camiños temáticos que estruturaron os contidos da programación: os camiños da arte como o da Música, o das Artes Escénicas, ou o Audiovisual; outros como o Camiño Infantil, o da Gastronomía ou o do Deporte; o Camiño da Historia e o Contemporáneo para as exposicións, ou o Camiño da Reflexión e o da Espiritualidade para a palabra, o debate e o entendemento.

25,00 €
Autor/a
Valcárcel Valcárcel
Manuel
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo que complementa a exposición "Regreso á orixe. Unha viaxe contemporánea, Xerusalén, Roma, Santiago", e que documenta a viaxe do fotógrafo Manuel Valcárcel e mais do músico Alexandro González desde Xerusalén a Santiago de Compostela.

59,00 €

Libro-catálogo que complementa a exposición "Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez". Este libro trata de ser o texto definitivo sobre a arte do románico en Compostela e Europa nos tempos de Diego Xelmírez. As calidades científicas dos contidos están avaladas polas personalidades invitadas a colaborar na publicación. Trátase de autores de referencia ineludible na historiografía sobre este tema, que cos seus escritos levan os obxectivos do catálogo máis alá do campo divulgativo.

Lingua/s
Castelán

Catálogo da exposición On the road, que se inaugurou o 27 de xuño de 2014, que recolle a obra dos artistas contemporáneos que participaron nela a través de varias instalacións e obras que se amosaron en varias localizacións de Compostela. Esta mostra enmarcouse dentro dos actos de conmemoración do VIII centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

Esta segunda publicación fai fincapé na planificación preventiva. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual. Outro aspecto práctico importante que garante a seguridade é a formación dos traballadores, para os que se establecen dous niveis de cualificación: o de operador e o de supervisor de operacións de supervisor de operación de manutención con carretillas.

0,00 €

Publicación que analiza a evolución e a situación das mulleres traballadoras no actual mercado laboral galego. Este informe actualiza os datos ofrecidos na anterior publicación sobre este colectivo elaborada no ano 2006. Móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral feminino: a participación laboral das mulleres, as afiliacións no sistema da Seguridade Social, o paro, contratación, nivel salarial, formación para o emprego e a siniestralidade laboral nas mulleres traballadoras. Analízanse en primeiro lugar a situación e evolución demográfica da poboación feminina na comunidade galega.

Esta publicación proporciónanos un coñecemento sobre o mercado laboral no sector da dependencia na Comunidade Autónoma galega. Danse datos de afiliación, paro rexistrado e comtratación por sectores de actividades e ocupacións