Catálogo

Amosando 169 - 180 de 394
Autor/a
Membros do Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

O Consello de Bioética de Galicia ten como misión asesorar a Administración e os profesionais da saúde, promover no ámbito sanitario a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional, e contribuir á información e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega. O obxectivo do novo documento estratéxico é dirixir a atención ás posibles situacións de vulnerabilidade das persoas anciás e interpelar os cidadáns, os profesionais e os poderes públicos para combinar de xeito harmónico catro elementos: vulnerabilidade, ancianidade, ética e Galicia.

Guía farmacoterapéutica de utilización no ámbito sociosanitario, especialmente naqueles centros que dispoñen de convenio do Servizo Galego de Saúde para a subministración da prestación farmacéutica no marco do programa de atención farmacéutica. Esta guía de medicamentos encóntrase dirixida a todos os profesionais sanitarios cuxo ámbito de actuación é o sociosanitario e nace co obxectivo de homoxeneizar a prestación farmacéutica subministrada aos residentes nestes centros independentemente da xerencia de xestión integrada encargada da prestación.

 

Coordinador/a
Alonso Fachado
Alfonso
Coordinador/a
Luque Suárez
Silvia
Coordinador/a
Osorio López
Jesús
Lingua/s
Castelán

O proceso asistencial integrado da esclerose lateral amiotrófica elaborouse co obxectivo de crear un proceso de traballo común en todas as áreas para facilitar a asistencia sanitaria ás persoas diagnosticadas desta enfermidade.

Establécense actuacións como o asesoramento continuo, as consultas en acto único, a coordinación asistencial, tanto entre especialidades como coa atención primaria e a coordinación administrativa do sistema sociosanitario.

Neste proceso participaron profesionais das diferentes áreas sanitarias especialistas en neuroloxía, endocrinoloxía, pneumoloxía, psicoloxía clínica, rehabilitación, traballo social e hospitalización a domicilio.

O boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde é un novo boletín onde se quere informar sobre novidades relevantes na terapéutica. No nº 1 do ano 2018 informamos sobre unha nova estratexia en materia de seguridade dos pacientes. O obxectivo do boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico I" é dar a coñecer a evidencia científica dispoñible (estudos, alertas de seguridade, boletíns, consensos de expertos...) sobre o risco que pode levar consigo a utilización de certos medicamentos en determinadas situación clínicas ou cando están asociados a outros medicamentos, así como proporcionar recomendacións para evitar potenciais problemas de seguridade, en relación con 14 criterios seleccionados.

Esta publicación reúne os procedementos asistenciais que deben seguir os profesionais para realizar o diagnóstico e tratamento precoz da sepse nos dispositivos asistenciais do Servizo Galego de Saúde, o sistema de rexistro de datos de actividade do plan no aplicativo Vixía, a sistemática de seguimento e avaliación do plan, cos correspondentes indicadores e estándares que se pretenden alcanzar, o procedemento para a implantación do plan e a bibliografía utilizada para a súa elaboración.

 

 

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden presentar sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos.


 

O boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde é un novo boletín onde se quere informar sobre novidades relevantes na terapéutica. No nº 2 do ano 2018 informamos sobre unha nova estratexia en materia de seguridade dos pacientes. O boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico II" é unha continuación do boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico I" para dar a coñecer a evidencia científica dispoñible (estudos, alertas de seguridade, boletíns, consensos de expertos...) sobre o risco que pode levar consigo a utilización de certos medicamentos en determinadas situación clínicas ou cando están asociados a outros medicamentos.

O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as últimas novidades sobre a atención á urxencia e á emerxencia no ámbito extrahospitalario.