Catálogo

Amosando 109 - 120 de 133

Análise dos sistemas de xestión da prevención de riscos laborais. En primeiro lugar faise unha referencia aos antecedentes legais para de seguido entrar na súa normalización e certificación e rematar cos elementos que compoñen un sistema de prevención.

Descrición dos tipos de artes de enmalle, como se faena e os riscos e medidas preventivas específicos do enmalle. Tamén se inclúe un apartado cos puntos máis importantes, a normativa, bibliografía e os enderezos de interese.

Este informe pretende ser unha aproximación en tempo real á realidade das persoas discapacitadas no mundo laboral. As persoas con discapacidade conforman un grupo moi heteroxéneo, con casuísticas e problemáticas moi diferentes segundo o tipo de discapacidade, pero todas elas teñen algo en común: adoitan necesitar axudas e apoios para participar en todos os ámbitos da vida en igualdade de condicións que o resto da poboación. No informe analízase o Censo de persoas con discapacidade de Galicia e da Enquisa de discapacidade, autonomía persoal e situacións de dependencia (EDAD 2008), a cal leva a cabo o Instituto Nacional de Estatística. Ademais analízanse as características laborais, a contratación e o paro rexistrado do colectivo de persoas con discapacidade en comparación cos datos presentados polo conxunto da poboación e cos datos das restantes comunidades autónomas españolas.

Este informe mostra a realidade actual e a recente evolución do sector do turismo e a hostalaría a través dos principais indicadores que caracterizan a situación do mercado laboral en Galicia. Para iso utilízanse unha serie de magnitudes que describen a evolución das diferentes variables que explican o comportamento do mercado laboral do sector turístico e hostaleiro de Galicia. Esta análise está baseada en datos elaborados a partir de fontes de información estatística como o Instituto Galego de Estatística, o Servizo Público de Emprego de Galicia ou a Tesouraría da Seguridade Social.

Folleto de carácter divulgativo que nos informan sobre o emprego, riscos e medidas preventivas na utilización de instrumentos e medios mecánicos relacionados co sector agroforestal.