Cartel dirixido ao persoal da medicina do traballo no cal se explica a necesidade de actualizar os coñecementos sobre a toxicidade dos nanomateriais para poder realizar unha vixilancia da saúde axeitada.
Cartel dirixido ao persoal da medicina do traballo no cal se explica a necesidade de actualizar os coñecementos sobre a toxicidade dos nanomateriais para poder realizar unha vixilancia da saúde axeitada.
Cartel dirixido aos técnicos de PRL no cal se explica como identificar e avaliar o nivel de exposición aos nanomateriais.
Cartel que explica como promover a integración e realizar o seguimento da PRL nano na actividade da empresa.
Cartel que explica que son os nanomateriais e cales son os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar.
Cartel dirixido aos traballadores no cal se informa da existencia de produtos con nanomateriais na construción e a necesidade de coñecer os riscos, formarse e protexerse.
Folleto que recolle o impacto que poden ter as novas aplicacións das tecnoloxías sobre as persoas traballadoras.
Folleto que recolle as pautas do Issga e os deberes preventivos relativos ao radon no ámbito laboral. Inclúe un apéndice sobre o Plan nacional contra o radon e un segundo sobre a Estratexia para reducir a exposición ao radon.
Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.
Folleto no que se recollen as medidas preventivas contra as caídas de altura na instalación e mantemento de paneis solares en cubertas.
Guía actualizada para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarificar as dúbidas que poidan existir durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profundízase tanto na normativa aplicable a cada fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.
O obxectivo desta guía é prover as pemes de ferramentas para implantar políticas preventivas e procedementos de actuación fronte a condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral, achega claves para identificar as ditas conductas. Tamén se definen as obrigas e responsabilidades dos axentes involucrados (empresas, persoas traballadoras, representación unitaria e sindical) para prever este tipo de condutas, o tratamento das denuncias que se produzan e as medidas de apoio ás vítimas.
Folleto no que se indican as principais recomendacións para a prevención da exposición a sílice cristalina respirable en talleres e obras.