Análise dos perigos máis comúns e das normas de seguridade en materia de prevención de riscos laborais relacionada co manexo da motoserra.
Análise dos perigos máis comúns e das normas de seguridade en materia de prevención de riscos laborais relacionada co manexo da motoserra.
Analise da problemática do bullying ou acoso escolar : que é, as súas causas e como deben actuar os diversos intervenientes neste tipo de conductas.
Guía dirixida ás Pemes galegas para axudalas a iniciarse nos criterios de responsabilidade social empresarial no sector téxtil e ofrecerlles información sobre ferramentas para introducir un comportamento responsable e comunicalo aos seus grupos de interese.
Esta publicación proporciónanos un coñecemento sobre o mercado laboral no sector da dependencia na Comunidade Autónoma galega. Danse datos de afiliación, paro rexistrado e comtratación por sectores de actividades e ocupacións
Nesta primeira folla de prevención analízanse os requirimentos obrigatorios en carretillas elevadoras: telladiño, dispositivos de retención do condutor, órganos de accionamento e dispositivos de elevación.
Colección de 17 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas canteiras de lousa. Inclúe riscos no uso de explosivos, risco de corte do fío diamantado, caída de obxectos, dos equipos que se desprazan, riscos eléctricos, primeiros auxilios e a lexislación básica, entre outros.
Versión en castelán da publicación seriada na que se recolle información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
A mobilidade xeográfica constitúese como unha das alternativas máis eficaces ante a situación que atravesa na actualidade o mercado laboral. O informe pretende ilustrar esta realidade amosando unha radiografía dos fluxos de desprazamentos xeográficos que se establecen dentro de Galicia e con respecto ás distintas comunidades autónomas do resto do Estado, albiscada dende diversas variables que configuran unha panorámica xeral da mobilidade laboral.
O obxectivo deste informe é facilitar a información oportuna para acadar unha mellor integración das mulleres no mercado laboral, e concretamente naqueles sectores e ocupacións que presenten mellores perspectivas de empregabilidadd e, ao mesmo tiempo, baixos niveis de representación feminina. Para iso establécese un listado das principais ocupacións onde a muller presenta baixos niveis de contratación nos últimos anos e ademais se pon maior énfase naquelas que teñen unha tendencia positiva de contratación no último quinquenio e aínda así seguen presentando unha escasa representación feminina
Esta segunda publicación fai fincapé na planificación preventiva. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual. Outro aspecto práctico importante que garante a seguridade é a formación dos traballadores, para os que se establecen dous niveis de cualificación: o de operador e o de supervisor de operacións de supervisor de operación de manutención con carretillas.
Publicación con información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
Publicación coa información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.