Tríptico editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que amosa, de xeito sinxelo, como actuar ante unha parada cardíaca.
Tríptico editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que amosa, de xeito sinxelo, como actuar ante unha parada cardíaca.
Este procedemento pretende reflectir as actuacións que deben levar a cabo os profesionais para a correcta administración de fármacos por vía inhalatoria, e para o manexo dos dispositivos necesarios para a dita administración da medicación inhalada que foi prescrita. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en: https://femora.sergas.es/
Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde, en https://femora.sergas.es.
A estratexia de xestión do cancro en Galicia describe as actuacións que se van desenvolver en Galicia nos próximos 6 anos agrupados en 8 áreas focais. Representan un total de 55 intervencións para este período. Especificanse aquelas que se priorizarán para os anos 2022-2024.
O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo da VIH-sida e trata o tema das novas infeccións da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informe sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, ás prácticas de risco e á distribución temporo-espacial.
Este documento realiza unha análise descritiva de toda a actividade asistencial do Servizo Galego de Saúde respecto dos pacientes diagnosticados de cancro, tanto adultos como pediátricos, así como os resultados das actuacións e dos programas de saúde pública no ámbito da promoción da saúde e da prevención do cancro. Os anos analizados son catro, desde o ano 2016 ata o ano 2020.
O Consello de Bioética de Galicia (CBG) propuxo aos comités de ética asistencial (CEA) galegos a realización dunha xornada de encontro o 3 de marzo de 2022, que sirva de foro de intercambio entre os CEA, o CBG e a cidadanía.
Os obxectivos que se formularon foron: facilitar o intercambio de experiencias, promover aprendizaxes a partir da reflexión bioética durante a pandemia, reflexionar sobre as fortalezas e as debilidades dos CEA e do CBG, dar voz ás inquedanzas xeradas na pandemia e celebrar dous eventos, a conmemoración dos 25 anos da posta en marcha dos grupos promotores do CBD e os 20 anos de promulgación da Lei de autonomía do paciente.
Esta publicación trata de transcribir as conclusións obtidas nesta xornada.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
O cancro de vexiga non músculo invasivo caracterízase por unha alta taxa de recorrencia e progresión da enfermidade. O tratamento individualízase en función do risco de cada paciente. As opcións terapéuticas dispoñibles inclúen a Mitomicina e o Bacilo de Calmette-Guérin. Esta última opción presenta problemas de desabastecemento ou de resistencia, entre outros; polo que existe interese en técnicas que aumenten a eficacia da Mitomicina como a quimiohipertermia intravesical condutiva. Actualmente as guías de práctica clínica non recomendan esta técnica por falta de proba sobre a súa eficacia.
Amplo e pormenorizado documento bilingüe no cal se define paso a paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todos os doentes con sospeita de fibrilación auricular na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Froito do consenso entre profesionais de diferentes especialidades: cardioloxía, medicina interna, neuroloxía, urxencias, medicina de familia, farmacia e hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos, polas que o proceso discorra de xeito fluído. A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de consulta cardiovascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Santiago de Compostela.
As autolesións convertéronse nas últimas décadas nun importante problema de saúde pública na adolescencia, cun importante impacto a nivel individual, familiar e social. O obxectivo xeral deste traballo é elaborar un documento baseado na evidencia científica e no consenso de expertos que permita unha mellor avaliación e un manexo clínico das autolesións na adolescencia.
A termoplastia bronquial (TB) é un procedemento de ablación das vías respiratorias cuxo obxectivo é mellorar o control da asma e a calidade de vida. Está indicado para o tratamento da asma grave que non responde ao tratamento farmacolóxico habitual; realízase en tres sesións e de forma ambulatoria. A evidencia suxire que a TB podería ser moderadamente beneficiosa nalgúns pacientes, pero non está exenta de riscos. Durante as primeiras semanas tras a intervención, o risco de complicacións que necesitan hospitalización ou visitas a urxencias é maior que o tratamento farmacolóxico, pero estas diferenzas desaparecen co tempo.