Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (33), a partir dunha acta do libro de acordos de 1432 do Concello de Ourense, faise un bre ve percorrido pola historia dos concellos na Idade Media e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.