Documento no que se recollen os principais riscos nos traballos en apicultura, así como as medidas preventivas que se deben adoptar para evitalos.
Documento no que se recollen os principais riscos nos traballos en apicultura, así como as medidas preventivas que se deben adoptar para evitalos.
Publicación estruturada en fichas que nos informan dos principais equipos de traballo instalados nos buques de pesca, os requisitos comúns de seguridade, as obrigas do empresario e traballadores e referencias de normativa e lexislación.
Mestres de Capela da Catedral de Santiago. Vilancicos de Nadal e Reis, obra de José Baquedano, conforma o número 29 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Concerto en estilo antigo, obra de Manuel Quiroga, conforma o nº 27 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Celtia, obra de Enrique González Arroiajauregui, conforma o nº 8 da serie Ávrego, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Dicionario ilustrado, descritivo, valorado, numérico e estatístico das artes, aparellos e instrumentos que se usan para a pesca marítima en toda España.
Boletín electrónico en liña publicado para dar a coñecer aqueles artigos científicos recentes relacionados coa asistencia sanitaria á urxencia e a emerxencia considerados de referencia para os profesionais da sanidade.
Publicación que ten como obxectivo servir de instrumento de mellora da comunicación, útil como referencia e recordatorio, cunha utilidade clara para todos os traballadores do Sergas. No manual recóllense pautas e recomendacións sobre como actuar en determinadas situacións que se dan con frecuencia entre profesionais, pacientes e usuarios nos servizos sanitarios, relacionadas coa atención, o trato e a comunicación efectiva, como comunicarse a través de diversas canles, como xestionar situacións difíciles, recomendacións para a atención a diversos colectivos especiais, breves referencias aos dereitos e valores da institución, así como ao confort, a responsabilidade social e a imaxe corporativa.
Conxunto de fichas que fornecen consellos de prevención de riscos laborais en traballos realizados co tractor, a motoserra e a rozadoira.
Cartel divulgativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas: motivos para utilizalo, uso axeitado, colocación, utilización en cuberta, almacenamento e mantemento.
Documento que ten como obxectivo principal o de avaliar a eficacia/efectividade e seguridade do cribado neonatal da forma cláisca da hiperplasia conxénita (I+ISC) e a validez analítica da proba de cribado (sensibilidade, especificidade e valores predictivos).
Publicación que ten como obxectivo analizar a evidencia existente sobre o cribado neonatal de galactosemia para apoiar a toma de decisións sobre a súa introdución na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Exponse como obxectivo específico avaliar os diferentes aspectos da enfermidade, do tratamento e da proba de cribado que poden sustentar a toma de decisións. Considéranse obxectivos secundarios proporcionar información sobre as diferentes estratexias de cribado empregadas no nivel mundial.