Catálogo

Amosando 85 - 96 de 641
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social y Juventud, Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Castelán

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Alende Fandiño
María Dolores
Autor/a
Álvarez Paredes
Noa ´Mª
Autor/a
Arias Rivas
Susana [et.al.].
Lingua/s
Castelán

Guía de consulta para o persoal médico e de enfermaría que desenvolve o seu traballo en centros de coordinación telefónica para a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias. Está estruturada en 12 capítulos nos que describen os principais protocolos de actuación para a asistencia ás patoloxías máis comúns atendidas no ámbito de urxencias extra hospitalarias.

0,00 €
Autor/a
Nogueira Uzal
Natalia
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Faraldo Vallés
María José [et.al.].
Lingua/s
Castelán

Informe de avaliación sobre a eficacia e seguridade do tratamento con nutrición enteral domiciliaria mediante suplementos nutricionais orais (SNO) en pacientes oncolóxicos que requiren modificación da dieta ordinaria habitual por mucosite oral (MO). Non se puido incluír ningún estudo debido a que non se localizou ningún ensaio clínico que estude a utilidade dos SNO no manexo de pacientes oncolóxicos que presentan MO. Estes pacientes deberían recibir apoio mediante un correcto asesoramento nutricional dirixido a medidas hixiénicas e dietéticas encamiñadas a facilitar a deglución dos alimentos mentres sexa posible.

0,00 €
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Lingua/s
Castelán

Informe de avaliación sobre a eficacia e seguridade da nutrición enteral oral domiciliaria con suplementos nutricionais orais (SNO) en pacientes con cancro en tratamento activo e con desnutrición moderada-grave. A limitada evidencia localizada non é concluínte sobre o uso dos SNO na mellora do estado nutricional, a taxa de mortalidade ou supervivencia e a calidade de vida, nin se reduce a estancia hospitalaria. A aceptabilidade dos SNO é dispar e parece estar directamente relacionada co grao de implicación dos profesionales sanitarios.

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social. 

 

 

 

 

Coordinador/a
Pacheco Vázquez
Mercedes
Tradutor/a
Pacheco Vázquez
Mercedes
Tradutor/a
Pérez Vila
Roi
Ilustrador/a
Seijas Cruz
Antonio
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

0,00 €
Lingua/s
Castelán

Catálogo de Parques eólicos onde se recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este cátalogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.