Catálogo

Amosando 505 - 516 de 641

Manual de uso cotiá para os profesionais da medicina da área de Santiago. A insuficiencia cardíaca constituye un problema sanitario de primeiro orde debido á súa elevada prevaleza e ao seu desfavorable prognóstico. Tense comprobado a variabilidade no manexo de estes pacientes segundo o servizo no que sexan atendidos, por iso creouse un grupo de traballo multidisciplinar que abordou a literatura ciencífica ao respeitro e consensuou un protocolo de actuacións que engloba todos os niveis asistenciais implicados para optimizar os recursos diagnósticos e terapéuticos. Deste xeito asegúrase o manexo dos pacientes con Insufiencia Cardíaca dacordo coas recomendacións das guías de práctica clínica e se mellorar así o seu prognóstico.

Revisión sistemática da literatura co obxectivo de coñecer a eficacia e efectividade dos test IGRAs (Interferon-gamma release assays) no diagnóstico da infección e a enfermidade tuberculosa en comparación coa proba da tuberculina, así como coñecer o coste-efectividade desta técnica.

O obxectivo da revisión sistemática foi determinar a utilidade da determinación in vitro da PCT no diagnóstico etiolóxico das infeccións do tracto respiratorio inferior. Segundo a literatura revisada a PCT parece ser un marcador útil no diagnóstico das infeccións bacterianas.

A cirugía bariátrica en pacientes con DM tipo II non obesos parece conseguir un mellor control glicémico. Sen embargo, outro tipo de intervencións preventivas e terapéuticas seguen sendo de primeira elección debido a que existe un intenso debate sobre os criterios de inclusión para esta cirugía e a baixa calidade metodolóxica dos estudos.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Avaliación da eficiencia da implantación dun programa de vacinación frente ao neumococo, en poboación pediátrica mediante a realización dunha revisión sistemática de evaluacións económicas nas que comparen os costes e beneficios dun programa de vacinación frente a non vacinación.

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.