Catálogo

Amosando 157 - 168 de 646

O obxectivo do informe consitiu en valorar a utilidade clínica da ablación mediante radiofrecuencia ou a selaxe mediante cianocrilato no tratamento das varices. Segundo a evidencia publicada, ambas as técnicas parecen ser seguras e reducen a sintomatoloxía asociada a esta patoloxía, cunha maioría dos pacientes tratados que se manisfestan satisfeitos cos resultados obtidos.

Autor/a
Álvarez Larrán
María
Autor/a
Fariñas Lorenzo
Begoña
Autor/a
González Formoso
Clara
Autor/a
[et. al.].
Lingua/s
Castelán

Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.

Co obxectivo de reducir as desigualdades que existen entre as comunidades autónomas sobre as enfermidades que se criban ao nacer e de garantir un acceso equitativo universal de todos os nenos que acaban de nacer, considérase prioritario revisar e actualizar o Programa de cribado neonatal do Sistema Nacional de Saúde.
Neste informe avalíase a efectividade clínica do cribado neonatal da hiperplasia suprarrenal conxénita e o seu grao de cumprimento cos requisitos imprescindibles para ser incluído no programa a nivel nacional.

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Coordinador/a
Vázquez Rozas
Emilia
Lingua/s
Castelán

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

A presente Guía Práctica de Feridas traumáticas agudas de partes brandas. Guía nº8, intégrase dentro da Colección de Guías Prácticas de Feridas do Servicio Galego de Saúde (Sergas); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do Programa Úlceras Fóra que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con feridas traumáticas agudas nas partes brandas, segundo a práctica clínica baseada na evidencia científica máis actual.

Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
García Pérez
Lidia
Lingua/s
Castelán

O principal obxectivo é avaliar a seguridade e efectividade comparada das principais estratexias de cribado co test de ADN fetal para a detección das trisomías 21(T21), 18(T18) e 13 (T13), establecendo a validez diagnóstica (variables intermedias) e as implicacións en termos de medidas de resultado pertinentes para a muller embarazada e/ou feto. Preténdese tamén analizar os custos e as principais cuestións organizativas, éticas e sociais relacionadas coa implantación das distintas estratexias de cribado a nivel nacional.

Informe de oportunidades sobre a industria 4.0 realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

I

Informe de oportunidades sobre o sector agroalimentario e biotecnolóxico realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronteirizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.