Catálogo

Amosando 313 - 324 de 389

Revisión sistemática da literatura co obxectivo de coñecer a eficacia e efectividade dos test IGRAs (Interferon-gamma release assays) no diagnóstico da infección e a enfermidade tuberculosa en comparación coa proba da tuberculina, así como coñecer o coste-efectividade desta técnica.

O obxectivo da revisión sistemática foi determinar a utilidade da determinación in vitro da PCT no diagnóstico etiolóxico das infeccións do tracto respiratorio inferior. Segundo a literatura revisada a PCT parece ser un marcador útil no diagnóstico das infeccións bacterianas.

A cirugía bariátrica en pacientes con DM tipo II non obesos parece conseguir un mellor control glicémico. Sen embargo, outro tipo de intervencións preventivas e terapéuticas seguen sendo de primeira elección debido a que existe un intenso debate sobre os criterios de inclusión para esta cirugía e a baixa calidade metodolóxica dos estudos.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.

Folleto no que se expoñen consellos para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago. Tamén inclúe a Tarxeta Sanitaria do Peregrino, os puntos de atención continuada no Camiño Francés e o dispositivo asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia para o Xacobeo 2010.

O manual de consultoría médica telefónica é un libro de consulta dividido en dez seccións con diversos temas. Cada un deles consta dunha introdución, un interrogatorio médico telefónico coa orientación diagnóstica, unha serie de recomendacións dependendo dos síntomas que relata o paciente e as diferentes respontas que se lle ofrecen, dependendo da presunta gravidade, así como unha bibliografía.