Catálogo

Amosando 1 - 12 de 69
0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Castelán

Catálogo de elaboración de produtos lácteos onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Castelán

Catálogo de produtores de sementes e plantas de viveiro onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Informe de oportunidades sobre o sector agroalimentario e biotecnolóxico realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronteirizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

0,00 €
Autor/a
Díaz Vázquez
Raquel
Autor/a
Menéndez Gutiérrez
María
Autor/a
Alonso Santos
Margarita
Director/a
Martínez Chamorro
Enrique
Lingua/s
Castelán

Resultados dos traballos de mellora xenética levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para loitar contra o nematodo da madeira (Bursaphelenchus xylophilus) do piñeiro.