Catálogo

Amosando 481 - 492 de 594

O Manual de primeiros auxilios elaborado polo persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 consta de 25 capítulos nos que a través de sinxelas explicacións indica á cidadanía como actuar no caso de atoparse ante unha situación de urxencia sanitaria.

Boletín en castelán de Avaliación Farmacoterapéutica de Novos Medicamentos preséntanos o medicamento Plasugrel, novo axente antiplagnetario indicado xunto co accido acetilsalicilico na prevención de eventos aterotrombóticos en pacientes con síndrome coronario agudo sometidos a intervencións coronarias pararterna. Centrándonos na análise de eficacia e seguridade. Este boletín é para colgar tanto en intranet como en internet do Servizo Galego de Saúde.

Informe anual descriptivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose).

A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito de prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dosprogramas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento é facilitar ó máximo a avaliación do conxunto de programas, por iso seleccionáronse neste manual unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios, a sencillez e validez dos instrumentos procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos más complexos, específicos ou con maior potencia descritiva

O documento recolle a análixe da situación actual da organización, realizado nos meses de novembro e decembro de 2010, así como os novos retos, liñas estratéxicas, boas prácticas e obxectivos estratéxicos identificados, que deben permitir o aliñamento da toma de decisións e da xestión da actividade desenvolvida, coa misión e visión definidas. No seu despregue, terán unha iimportancia crítica os 25 proxectos ou de mellora da xestión que foron seleccionados, coa súa orde de prioridade, que representan unha equilibrada carga de traballo para o conxunto dos equipos de traballo da Dirección Xeral. Recóllese ademais no seu Anexo 4, unha síntese dos obexctivos e actividades correspondentes aos principais programas de saúde pública. En posteriores anexos, recolleranse as avaliacións e revisións anuais das estratexias organizativas, durante os próximos anos.

Documento dirixido á muller embarazada, para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a esta e á súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé. Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os provedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada. Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.

Autor/a
Lema Varela
Leonor
Coautor/a
la Fuente Cid De
Ramón
Lingua/s
Castelán

O obxectivo do presente informe é avaliar o recambio valvular aórtico mediante prótesis sen sutura utilizando o dispositivo Perceval S. Este informe ten característica especiais na edición por que responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.