Número catro da revista científica Ad limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Número catro da revista científica Ad limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a tradición da súa peregrinación a Santiago de Compostela hai 800 anos. Ademais presenta o catálogo de obra da exposición do mesmo nome que se inaugurou en agosto de 2013 en Asís (pintura, ourivería, escultura, etc.).
Libro catálogo que recolle as pezas da exposición San Francisco e O Belén, máis dous artigos de Juan Monterroso e David Chao sobre a historia e evolución dos Beléns desde san Francisco ata hoxe.
Libro-catálogo que complementa a exposición "Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez". Este libro trata de ser o texto definitivo sobre a arte do románico en Compostela e Europa nos tempos de Diego Xelmírez. As calidades científicas dos contidos están avaladas polas personalidades invitadas a colaborar na publicación. Trátase de autores de referencia ineludible na historiografía sobre este tema, que cos seus escritos levan os obxectivos do catálogo máis alá do campo divulgativo.
Libro-catálogo da exposición celebrada en Compostela no ano santo de 2004 que, ademais do catálogo de obra da mostra, recolle estudos de recoñecidos autores de España, Italia e Portugal sobre a figura do príncipe Cosme III de Médicis e a súa visita a Compostela, en 1669. A través das súas páxinas coñeceremos a España que percorre, reflectida nas magníficas acuarelas de Pier Maria Baldi, a arte florentina da época, a música, a lingua, etc.
Conto infantil escrito por Xosé A. Neira Cruz con motivo da exposición A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis. Renato Ratoni acompaña o Príncipe na súa viaxe por España e Portugal, e iso serve de escusa para lle amosar ao público infantil as principais obras da exposición neste conto, con ilustracións de Noemí López.