Manual de conversa en galego dirixido ás persoas de orixe anglófona ou de fala hispana que visitan Galicia. Para distribuír a través das oficinas de Turismo de Galicia.
Manual de conversa en galego dirixido ás persoas de orixe anglófona ou de fala hispana que visitan Galicia. Para distribuír a través das oficinas de Turismo de Galicia.
Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.
Libro-catálogo que complementa a exposición "Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez". Este libro trata de ser o texto definitivo sobre a arte do románico en Compostela e Europa nos tempos de Diego Xelmírez. As calidades científicas dos contidos están avaladas polas personalidades invitadas a colaborar na publicación. Trátase de autores de referencia ineludible na historiografía sobre este tema, que cos seus escritos levan os obxectivos do catálogo máis alá do campo divulgativo.