Directorio das asociacións xacobeas, confrarías e centros de estudos xacobeos nacionais e internacionais.
Directorio das asociacións xacobeas, confrarías e centros de estudos xacobeos nacionais e internacionais.
O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Avaliar a efectividade e seguridade da radiociruxía estereotáxica con aceleradores lineais para o tratamento de doentes con neuralxia de trixémino que son refractarios aos fármacos, a pesares de utilizar doses axeitadas, ou non toleran o tratamento médico debido aos efectos adversos.
A guía Pilgrim's guide for medical emergency situations, editada en inglés, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e Portugués, e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.
Folleto no que se expoñen consellos para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago. Tamén inclúe a Tarxeta Sanitaria do Peregrino, os puntos de atención continuada no Camiño Francés e o dispositivo asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia para o Xacobeo 2010.
Catálogo que recolle as obras presentes na exposición "As que comen silencios, as que toman a palabra", que versa sobre a arte e violencia de xénero. Selección de 14 artistas e textos explicativos que acompañan as ilustracións das obras.
Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.