Informe que traballa respecto dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, sobre a base do movemento de contratados e demandantes de emprego.
Informe que traballa respecto dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, sobre a base do movemento de contratados e demandantes de emprego.
Saiban cantos estas cartas viren ... é, co subtítulo referido á correspondencia epistolar de Cunqueiro e o seu íntimo amigo Alberto Casal, a terceira contribución do Centro Ramón Piñeiro ao estudo e edición de novos documentos, agora espistolares, que deben contribuír á homenaxe e ao mellor coñecemento da figura de don Álvaro.
Un corpus de sesenta cartas aproximadamente é o núcleo destas páxinas, que contan con textos de César Cunqueiro e Luís Cochón; cunha fermosísima carta de Eduardo Blanco-Amor e, finalmente, tres pouco coñecidos contos do mesmo Cunqueiro. O conxunto variado e novidoso ofrece, pois, unha valiosa indagación en aspectos da vida e obra do noso universal escritor.
Manual que se inscribe no eido da fraseoloxía e paremioloxía aplicada á ensinanza/aprendizaxe do galego. Achega unha proposta de unidades fraseolóxicas organizadas tematicamente e acompañadas de caricaturas de Evaristo Corujo Martínez (Tito) e viñetas de humor gráfico de Luis Davila. O amplo repertorio de exercicios prácticos, de carácter escrito e oral favorecen unha aprendizaxe activa da fraseoloxía e paremioloxía galega.
Co título de "Manuel María: cecais hai unha luz. Memorabilia", o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publica este libro de homenaxe ao poeta chairego Manuel María, ao que neste ano 2016 está dedicado o noso Día das Letras. Contén este volume un total de vinte e sete traballos, de breve e mediana extensión, que indagan na vida e obra do escritor, especialmente no seu amplo corpus poético, que supera os corenta títulos. Pecha a serie de traballos un conxunto epistolar de máis de cincuenta cartas entre o poeta e Ramón Piñeiro.
O Programa de asistencia ao ictus en Galicia (Plan ictus), ao nivel de toda a nosa comunidade autónoma, permitirá unha atención de calidade, homoxénea e rápida e baseada na coordinación.
O obxectivo é que ás persoas pacientes con sospeita de ictus isquémico -independentemente do lugar no que se atope dentro do territorio da nosa Comunidade Autónoma- se lles realice unha exploración radiolóxica para confirmar o diagnóstico o antes posible e poder aplicar o tratamento máis axeitado, conforme ás recomendacións e tempos establecidos.
Instrución que recolle os obxectivos a acadar na campaña 2016, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas que se van utilizar, e outra información relativa a súa xestión, distribución e rexistro das doses. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nela.
Memorias de Camilo José Cela. Este volume recolle os primeiros anos da súa vida, desde o seu nacemento en 1916 ata 1923. Aparecen a familia materna -de ascendecia inglesa, como indica o apelido Trulock-, a casa de Iria Flavia onde naceu e a familia paterna de Tui, os Cela. Nesta nova edición inclúense once capítulos que non apareceran en 1949, ano da primeira aparición deste texto.
Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2015. Recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e ao transplante tanto de órganos como de tecidos.
Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos, así como os establecementos de tecidos.
En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas por ela, así como os obxectivos para o vindeiro ano.
Estudo co que se pretende optimizar o actual Banco de Produtos de Apoio de Galicia. A elaboración desta enquisa responde á necesidade de dispor dunha base de coñecemento que permita desenvolver accións específicas coas que acadar o obxectivo marcado: determinar a percepción e a valoración dos produtos de apoio máis coñecidos e demandados polas federacións e asociacións que serven de apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias.
Segunda entrega dunha serie de catálogos do Museo Etnolóxico destinados á catalogación e difusicón de pezas, aparellos e elementos culturalmente significativos das coleccións vitivinícolas. Publicado no núm. 1 desta serie un catálogo de elementos misceláneos da colección do Museo Etnolóxico, procede agora a edición do primeiro número monográfico relativo aos fondos representativos do obradoriro dun toneleiro. Estes catálogos aproveitan para a súa elaboracón o sistema documental DOMUS. Os catálogos van convenientemente ilustrados con imaxes relativas aos obxectos catalogados e, neste caso, ás cadeas operatorias que caracterizan o traballo do toneleiro. Fotos pertencentes tamén á coleccón fotográfica do Museo Etnolóxico.
Boletín que presenta o novo medicamento Insulina Glargina Biosimilar, nova insulina para o tratamento da diabetes mellitus en adolescentes e nenos, a partir dos dous anos de idade. Tamén se identifica o lugar que ocupa no tratamento da enfermidade e informa de que a chegada dos biosimilares xera unha competencia no mercado de medicamentos biolóxicos que conduce a unha redución nos custos de adquisición, o cal libera recursos do sistema sanitario.
Manual técnico para a implantación da responsabilidade social corporativa nas entidades que conforman a economía social en Galicia