Catálogo

Amosando 709 - 720 de 2067
Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

12,75 €
Coordinador/a
López Vázquez
Ramón
Lingua/s
Galego

O Dicionario de filosofía é unha obra escrita a varias mans, por profesores de filosofía de estilos e formacións diferentes, intereses e experiencias filosóficas diversas. O seu obxectivo é informar o alumnado galego no que atinxe aos conceptos fundamentais da nosa tradición filosófica e contribuír a formalo no pensamento crítico. Trátase dun dicionario de filosofía escolar en que os termos están elaborados en función da idade e mentalidade dos alumnos de bacharelato, mais sen diluír ren o esencial de cada concepto.

Coordinador/a
Lamas Casado
Rosa
Tradutor/a
Vilaboi Freire
Pilar
Lingua/s
Castelán
Galego

Libro en edición bilingüe galego-castelán que recolle as actas das tres edicións da Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, nas cales se recollen os diferentes relatorios de autoras e autores que participaron. Os relatorios estrutúranse segundo a xornada a que pertencen.

 

 

11,00 €
Autor/a
Rodríguez González
Xulio
Coautor/a
Xusto Rodríguez
Manuel
Coautor/a
Lorenzo Rumbao
Belén
Coautor/a
Núñez Sánchez
Mª del Pilar
Coautor/a
Veiga Romero
Ana María
Lingua/s
Galego

Este catálogo forma parte da exposición temporal "Santomé. Conxunto arqueolóxico natural" que este Museo Arqueolóxico vai mostrar no periodo de novembro 2019 a marzo 2020.

Temáticas
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Inclusión Social
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social durante 2019 relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

 

 

Autor/a
Basanta Matos
Rocío
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Galego

A morte dun fillo ou dunha filla durante o embarazo, o parto ou na primeira semana posparto, non é un feito habitual, pero si é unha situación que require unha especial atención xa que provoca un forte impacto emocional desde o momento en que a muller e a súa parella, se é o caso, reciben a noticia, por tanto, precisa dun especial coidado por parte dos/as profesionais da saúde. Esta guía vai dirixida ao/as profesionais sanitarios e non sanitarios do Sergas, co fin de mellorar a calidade da atención ás mulleres xestantes ou puérperas), ás súas parellas, se é o caso, familia e persoas achegadas, ante unha situación de morte dun fillo ou filla, xa sexa unha morte xestacional, perinatal ou neonatal, no momento de recibir a mala noticia, durante a atención ao embarazo, parto ou puerperio inmediato, así como no seguimento puerperal posterior.

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social (MSCBS) desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que ben a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
Con carácter xeral, as mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

Trátase dunha guía de saúde infantil dirixida aos profesionais e ás profesionais que traballan no ámbito da asistencia sanitaria aos nenos, nenas e adolescentes na atención primaria do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.