Publicación que engloba os datos de 2022 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.
Publicación que engloba os datos de 2022 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.
As unidades de críticos cardiolóxicos cada vez son máis complexas debido aos grandes avances tecnolóxicos que axudan a mellorar a calidade e a esperanza de vida deste tipo de pacientes. Isto fai imprescindible que os profesionais que traballan nestas unidades teñan os coñecementos actualizados dos diferentes procedementos que se realizan como: implantes de asistencial ventricular de longa duración, técnicas de depuración extrarrenal, ventilación mecánica invasiva, oxixenador con membrana extracorpórea, etc…
Neste manual recóllense as indicacións para cada un destes procedementos, así como as contraindicacións, o material que utilizar, as posibles complicacións… co fin de servirlles de guía a todos aqueles profesionais que desenvolven o seu labor asistencial prestando coidados a pacientes críticos cardiovasculares.
Ao longo de medio milenio as casas reais católicas europeas doaron recursos materiais e financeiros, así como suntuosas pezas de arte sacra á Basílica do Santo Sepulcro en Xerusalén; tendo como eixo central estas doazóns, o catálogo da mostra Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa amosa o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico custodiado polo Museo de Terra Santa de Xerusalén, composto das doazóns das casas reais católicas europeas ao longo de 500 anos
Esta ferramenta serve para comunicarlles a todas as persoas cal debería ser a súa conduta e como se espera que sexa a súa relación cos seus compañeiros.
O traballo saudable e seguro incide na consecución de mellores índices de benestar laboral.
A nosa MISIÓN é fomentar, protexer e contribuír a mellorar a saúde da poboación galega.
O menor: Procesos a-significantes na arte contemporánea foi a obra premiada na cuarta edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea. O texto, a partir dunha serie de exemplos tomados das artes visuais, a música, a literatura ou a filosofía, explora o valor do menor, da intervención mínima e mesmo da non-intervención na arte contemporánea.
Catálogo coa selección de 900 negativos entre os 50.000 visionados do Fondo Vega custodiado polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Este catálogo corresponde ao período de 1970 a 1979, é o cuarto tomo en que se reflicten as exposicións realizadas por este arquivo sobre o traballo como fotoxornalista de José Luis Vega no diario El Progreso de Lugo. No presente catálogo amósanse as fotos que formaron parte de dúas exposicións realizadas entre 2023 e 2024.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2022 e evolución do período 1996-2022.
Os calendarios acelerados consisten en administrar vacinas con intervalos de tempo entre doses sucesivas acurtados, en persoas con historia de vacinación incompleta ou inexistente, ou que recibisen doses de vacinas con pautas incorrectas. Por tanto, o obxectivo deste documento é servir de instrumento de apoio a profesionais sanitarios con actividades no campo da vacinación que precisen deseñar pautas de vacinación acelerada.
Co presente Plan de atención domiciliaria en atención primaria preténdese reforzar a atención á poboación que, pola súa situación, ten dificultades para desprazarse ao centro de saúde, proporcionándolles información, educación, coidados de calidade e apoio, ao doente e á súa familia, no seu propio domicilio.
Co desenvolvemento da Estratexia galega de saúde comunitaria en atención primaria preténdese tanto facilitar o deseño e a implementación de intervencións comunitarias aos e ás profesionais dos servizos de atención primaria que se inicien neste ámbito, como impulsar e complementar as actividades comunitarias que xa se están a realizar, co obxectivo de reforzar a orientación comunitaria da atención primaria para influír positivamente no estilo de vida e nos determinantes sociais.
Ourense no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Ourense. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.
Guía que se insire dentro da colección Guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do programa Úlceras fóra, que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con lesións por queimaduras ou con risco de as padeceren, segundo a práctica clínica baseada na evidencia máis actual.