Publicación sobre os tipos de drons, o que podemos facer con eles, a seguridade e saúde no seu uso e aquelas actividades susceptibles de seren realizadas con drons.
Publicación sobre os tipos de drons, o que podemos facer con eles, a seguridade e saúde no seu uso e aquelas actividades susceptibles de seren realizadas con drons.
Guía na que se explica o que é un dron, os tipos e sistemas, elementos, accesorios, cámaras, carga de pagamento... Analízase o seu uso coa PRL, a utilización como equipo de traballo, os riscos asociados ao seu uso, primeiros auxilios, escenarios, estudo de seguridade aérea, coordinación de actividades empresariais e diferentes aplicacións en prevención.
Este procedemento intégrase no programa Femora, que recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Este procedemento pretende documentar as accións para a realización correcta da toma de mostra capilar para determinar a glucosa.
Campaña de prevención do consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2020 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
A exposición de Cristina García Rodero "Transtempo", organizada polo Xacobeo en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, presenta unha serie de obras realizadas pola fotógrafa desde os anos setenta até a actualidade. Esta obra, coeditada pola Xunta de Galicia e a editorial La Fábrica, reúne unha selección das pezas máis destacadas que constitúen esa mostra con textos de Miguel von Hafe Pérez, Rosa Martínez e Manuel Rivas.
O libro recolle as bases metodolóxicas para a elaboración de plans locais de saúde. Pretende ser unha ferramenta de apoio para os equipos de atención primaria que queiran orientar a súa actividade cara a un enfoque comunitario.
Documento de acollida aos pacientes e familiares cando ingresan nunha unidade de hospitalización a domicilio.
Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.
Boletín informativo sobre o contexto normativo e entrevistas sobre a importancia de ter un decreto de artesanía alimentaria.
Boletín con entrevistas variadas sobre a importancia dunha indicación xeográfica protexida Pan Galego.
Boletín editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dar a coñecer os últimos avances en urxencias prehospitalarias.