Catálogo

Amosando 1381 - 1392 de 2051
Entidade
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Lingua/s
Galego

Ferramenta de traballo dirixida ás traballadoras e aos traballadores sociais de Galicia que ten como finalidade facilitar a utilización do informe social para a área de inclusión (ISI), unificar e homoxeneizar criterios e simplificar trámites e xestións administrativas.

Guía dirixida ás pemes galegas do sector adegueiro de Galicia, para as axudar a que se inicien nos criterios de responsabilidade social empresarial e ofrecerlles información sobre as ferramentas que poden utilizar para introduciren un comportamento responsable e comunicarllo aos seus grupos de interese.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

Publicación que recolle a actividade da oficina dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos coma de tecidos. Complétase cos datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para a extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.
Amais das actividades desenvolvidas pola oficina, figuran tamén os obxectivos para o vindeiro ano.

Publicación, dirixida a persoas tecnicamente cualificadas e ONG que traballan no campo do VIH-sida, con contidos verbo das novas infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade; deste xeito coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Autor/a
Grupo de tranallo
Lingua/s
Galego

Documento no que se establece o proceso de atención ao paciente con diabetes mellitus tipo 2 dende a sospeita diagnóstica ata o tratamento e seguimento. Elaborado por un equipo multidisciplinar de profesionais do Servizo Galego de Saúde, o seu desenvolvemento encádrase no Plan de Prioridades Sanitarias da Consellería de Sanidade