Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
Esta publicación é o resultado do informe feito no ano 2002 polos departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e de Socioloxía da Universidade da Coruña no marco do Proxecto Cidade Difusa no Noroeste Peninsular, correpondente a un programa Interreg 2C-Espazo Atlántico, da Unión Europea.
O obxecto principal do referido proxecto buscaba visualizar e interpretar o sistema urbano-territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como estudar as súas tendencias e dinámicas de evolución.
Tradución a galego do manuscrito orixinal titulado "Nicola Albani, Veridica Historia ó sia viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia” do peregrino italiano do século XVIII Nicola Albani. Trátase dun dos testemuños da literatura odepórica máis salientables da historia das peregrinacións a Compostela.
Libro-catálogo que acompañou a exposición do mesmo nome presentada en Lugo en 2006. Nel estúdase o movemento irmandiño, a sociedade galega do século XV, a arte do momento, as peregrinacións a Santiago etc., a través dos seguintes apartados: “Vida cotiá e vivencia do alén”, “Encrucillada no Atlántico”, “A gloria do Señorío”, “Tesouros e reliquias”, “Gorrións contra falcóns” e “Imaxes de peregrinación”.
Tradución do checo para o galego da novela de Alois Jirasek, a cargo de Katĕrina Vlasáková. Recrea a viaxe por Europa do barón Lev z Rožmitálu a Blatné e mais da súa comitiva durante os anos 1465-1467, que incluíu unha visita a Santiago de Compostela para continuar despois ata Fisterra, daquela a fin do mundo.
O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Esta publicación reproduce os relatorios presentados nas Xornadas sobre demografía e desenvolvemento, claves para unha política de inversión das inercias demográficas en Galicia, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública, os días 26, 27 e 28 de outubro de 2011, coa finalidade de achegar información sobre a situación demográfica de Galicia e sobre as posibles actuacións que desde o ámbito das políticas públicas e da sociedade civil se poidan articular sobre o particular, ademais de realizar unha análise desde a perspectiva comparada, reflexionando sobre a situación actual, con especial énfase no ámbito rural galego e ponderando as posibles liñas de actuación.
Catálogo que complementa a exposición "Regreso á orixe. Unha viaxe contemporánea, Xerusalén, Roma, Santiago", e que documenta a viaxe do fotógrafo Manuel Valcárcel e mais do músico Alexandro González desde Xerusalén a Santiago de Compostela.
Libro-catálogo da exposición celebrada en Compostela no ano santo de 2004 que, ademais do catálogo de obra da mostra, recolle estudos de recoñecidos autores de España, Italia e Portugal sobre a figura do príncipe Cosme III de Médicis e a súa visita a Compostela, en 1669. A través das súas páxinas coñeceremos a España que percorre, reflectida nas magníficas acuarelas de Pier Maria Baldi, a arte florentina da época, a música, a lingua, etc.