Catálogo

Amosando 481 - 492 de 655

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2011, que inclúe actividade asistencia, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

O final da vida pon en evidencia que a medicina ten límites e que hai procesos non susceptibles de curación que requiren ser atendidos, procesos aos que a sociedade e o sistemasanitario deben prestar especial atención para ofrecer ás persoas unha asistencia integral centrada en acadar a maior calidade de vida posible. Esta comisión, na súa preocupación consciente polos dilemas éticos que suscitan os coidados nesta etapa, impulsou un proceso de reflexión cuxo resultado é o presente documento e, cuxo obxectivo é servirlles de marco de referencia e orientación aos profesionais sobre os conflictos éticos e contribuir a mellorar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais.

A obesidade é unha enfermidade crónica cunha elevada prevalencia no noso medio. A súa orixe é multifactorial e está determinada pola interacción de numerosos factores que actúan a través de mediadores fisiolóxicos de inxestión e gasto de enerxía. O exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e discapacidade, despois do tabaco e a hipertensión arterial. Constitúe, ademais, un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas, polo que hoxe en día, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial. Con este documento técnico pretendemos sentar as bases e definir as estratexias e liñas de acción que permitan levar a cabo intervencións tendentes a diminuír a prevalencia da obesidade infantil en Galicia.

Publicación dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epedemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2012 e a evolución dos últimos anos.

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, co obxecto de solucionar os problemas de saúde no menos tempo posible e os máis preto posible dos cidadáns, desenvolve o procesos asistencial integrado enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC). A elaboración dos contidos técnicos de este documento levouse a cabo por profesionais do Servizo Galego de Saúde. Este traballo enmárcase no desenvolvemento do Plan de Prioridades Sanitarias.

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na sociedade. Coa elaboración deste proceso asistencia integrado para a EPOC, pretendemos a abordaxe integral da enfermidade, coa participación de todos os estamentos asistenciais impoicados nesta enfermidade, en forma de coidados compartidos, de cara a lles ofrecer aos pacientes un acceso e tratamento asistencia completo, que garanta a continuidade asistencia e a máxima calidade posible dentro de sistema sanitario de Comunidade Autónoma de Galicia

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na nosa sociedade. Coa elaboración dos itinerarios asistenciais no proceso asistencial integrado da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) preténdese aplicar a metodoloxía de procesos ao manexo da EPOC para axudar a diminuir a variabilidade na súa abordaxe, ao establecer a secuencia que segue o paciente dende a entrada no proceso e ao longo da enfermidade.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2012.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2012, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.