Catálogo

Amosando 385 - 396 de 655

Memoria da actividade desenvolvida por GALARIA, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, ao longo do ano 2015, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, producción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como datos de estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Informe que describe o Programa galego para a detección precoz de enfermedades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os resultados do mesmo no período 1995-2015.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

0,00 €

Publicación que ten como obxectivo garantir o correcto cumprimento dos requirimentos técnicos, organizativos e médico-legais establecidos no noso ordenamento xurídico relativos á obtención de probas biolóxicas para a análise da alcolemia ou presenza de drogas no sangue que se levan a cabo nos centros do Servizo Galego de Saúde en colaboración coas forzas de seguridade do Estado.

Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Coautor/a
Suárez Luque
Silvia
Lingua/s
Galego

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Trátase dun programa que realizan todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma, a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 134112007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas súas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos coma ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Autor/a
Grupo de Traballo da Guía Técnica de abordaxe de disfuncións do solo pelviano feminino
Lingua/s
Galego

Guía técnica dirixida a matronas e fisioterapeutas de atención primaria do SERGAS para instaurar un programa de atención ás mulleres co fin de previr, recuperar e rehabilitar as disfuncións do solo pelviano feminino.

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Rey Liste
María Teresa
Autor/a
García Caeiro
Ángela
Autor/a
Ventosa Rial
Javier
Lingua/s
Galego

Publicación baseada na actividade do servizo de información sobre teratóxenos do Servizo Galego de Saúde, na que se recollen fichas breves con información sobre o risco da utilización dos diferentes medicamentos na muller embarazada.

Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.