Antoloxía poética de Víctor Campio, dirixida por Xesús Alonso Montero.
Antoloxía poética de Víctor Campio, dirixida por Xesús Alonso Montero.
Adaptación en papel do material didáctico en liña dos cursos de linguaxe xurídica galega. Neste manual recóllese o material teórico, os exercicios e información complementaria para a realización do curso. Material para uso didáctico nas clases presenciais.
Esta guía trata de achegar ás persoas menos familiarizadas (en especial os profesores de ensino secundario e estudantes universitarios) ao estudo da lírica medieval co obxecto de difundir un patrimonio de primeira orde e plenamente integrado no ámbito cultural da Europa Medieval.
Recompilación de termos e conceptos de uso habitual documentados en repertorios terminolóxicos, lexicográficos e especializados do ámbito dos recursos humanos e das relacións laborais.
A sección do Turreiro consta de máis de douscentos relatos en galego feitos por Avelino Rodríguez Elías e publicados no xornal El Tea e na revista viguesa Vida Gallega.
Atopámonos cun dicionario galego-latino clásico e moderno que achega o galego á lingua latina e a súa cultura. Tamén dá boa conta do estado da nosa lingua mostrando un léxico galego normalizado en todos os eidos. Traballo básico para os latinistas e para todos os estudosos das linguas románicas.
Segunda antoloxía dos capítulos emitidos (07.06.2010-22.04.2011) de Ben falado!, microespazo sobre a lingua galega creado, dirixido e presentado por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola produtora Pórtico para a CRTVG por encarga da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia, a través de todas as canles da TVG, entre o 21 de xullo de 2008 e o 6 de xullo de 2009. A solvencia dos textos (redactados en moitos casos polos mellores especialistas), a presentación visualmente dinámica e atractiva, a audiencia conseguida na primeira emisión televisiva e a constante baixada de vídeos da páxina da CRTVG suxeriron a edición, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dun estoxo cunha selección de 82 capítulos da primeira etapa.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel medio, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel superior, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Obra de banda deseñada en homenaxe a Uxío Novoneyra, autor ao que a Real Academia Galega lle dedicou en 2010 o Día das Letras Galegas. Recolle a vida do poeta desde a súa irrupción pública no eido da escrita, a través dos ollos dunha testemuña que o contempla desde a adolescencia até o final.
A guía consta de 50 fichas de obras da literatura infantil e xuvenil galega que se poden denominar coeducativas ou igualitarias polo tratamento dos xéneros que propoñen. O volume recolle títulos publicados entre os anos 2005 e 2007.
O volume A dama solitaria & Fantomina, é o número 13 da colección "As letras das Mulleres", e recolle dúas obras da autora británica que por primeira vez son editadas en galego. Eliza Haywood inaugurou un tipo de ficción que, con pretensións didácticas, ensinaba ás mulleres a sacaren proveito nas relacións sentimentais, propugnando unha ruptura co modelo pasivo e presentando heroínas impetuosas e decididas, que non se dobregaban aos roles establecidos.Eliza Haywood (1693-1756) foi unha escritora moi prolífica e popular no seu momento. Á parte de novelista, foi actriz, dramaturga, escritora de "libros de conduta", tradutora, propietaria dun negocio de impresión e venda de libros, e editora de varios xornais. É difícil atopar algunha persoa con mais actividade profesional no mundo das letras, e moito máis entre as mulleres desa época.