Catálogo da exposición temporal "A fraxilidade no tempo. O vidro na antigüidade".
Catálogo da exposición temporal "A fraxilidade no tempo. O vidro na antigüidade".
Catálogo da exposición "Cultura-cultura", doazón de arte e arqueoloxía de Caja Madrid ao Museo de Montserrat.
Actas do primeiro simposio celebrado en Monforte sobre o Condado de Lemos, no que participaron diversos especialistas de recoñecido prestixio, coordinado por Anselmo López Carreira.
Revista de carácter científico que recolle artigos dos mellores especialistas do mundo, no que atinxe ao Camiño de Santiago (arte, historia etc.).
Actas do Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos nas que se recollen os artigos referentes aos relatorios e comunicacións presentados. Contén tamén un CD no que, mediante un índice, pode accederse aos arquivos en PDF e JPG dos pósteres que estiveron expostos durante as xornadas nas que se desenvolveu, na recepción do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Os pósteres recollen diversas experiencias, tanto de España como de Portugal, de xacementos musealizados e preparados para a visita do público. Aínda que a lingua prioritaria é o galego, mantivéronse as orixinais dos artigos (galego, castelán, portugués e inglés), debido á natureza internacional do evento.
Volume que ofrece as claves para gozarmos e interpretarmos o románico dun dos lugares fundamentais do románico galego, na Ribeira Sacra.
Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.
Catálogo da exposición 14+1 Estacións, que recolle a obra que a artista norueguesa Borgny Svalastog realizou especificamente ao longo dos últimos tres anos para ser exhibida no Museo das Peregrinacións. Do mesmo xeito, recolle estudos de especialistas sobre a obra e a traxectoria de Borgny, unha das artistas máis importantes de Noruega. Ademais de en galego e inglés, inclúe textos en español, noruegués e islandés porque esta exposición viaxará por diversos países nórdicos ao longo dos próximos anos.
Catálogo da exposición do mesmo nome que recolle estudios de especialistas nacionais sobre a obra de Exeria e os panoramas cultural, histórico e político da época tardoantiga no Mediterráneo. Na segunda parte do catálogo recóllense as pezas presentes na exposición.
Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a contextualiza. Ten en conta aspectos como a tradición da súa viaxe como peregrino a Compostela, o nacemento da súa orde, a arte do seu tempo, etc. A publicación presenta ademais o catálogo de obra da exposición do mesmo nome, que se inaugurou o 26 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela.
Estudo realizado por Belén Castro Fernández sobre o arquitecto Pons-Sorolla que recolle as súas intervencións no Camiño de Santiago: o traslado e nova ordenación de Portomarín, a liberación da muralla romana de Lugo, a musealización das pallozas do Cebreiro ou a restauración medievalizante da catedral de Tui, entre outras moitas.
Número especial da revista "Ad Limina", dedicado a aspectos relevantes do franciscanismo vinculado á cultura xacobea, editado no marco da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.