Catálogo

Amosando 61 - 72 de 92

Publicación que recolle as actividades de mobilidade que se realizaron durante o ano 2015, tanto as realizadas por mozos/as galegos noutros países coma as levadas a cabo por mozos/as de diferentes países en entidades, asociacións e institucións galegas.
O obxectivo da publicación é dar a coñecer as diferentes opcións, programas e actividades que se lles ofertan á mocidade e ás entidades de Galicia no eido da mobilidade.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

Publicación periódica mensual en liña na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).

Novo boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

Novo boletín informativo de periodicidade bimestral da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Publicación electrónica en liña de periodicidad mensual, na que se recollen as noticias máis destacables das actuacións da Xunta de Galicia nos campos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico -DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas, estatal (BOE) e comunitario (DOUE)-.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).