Catálogo

Amosando 313 - 324 de 375

O estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma, proporcionando para este obxectivo información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Catálogo das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego de Galicia correspondente ao ano 2009. Comprende unha reseña das principais actuacións e características dos traballos e actividades formativas realizadas en cada un dos proxectos, acompañadas dunha reportaxe fotográfica ilustrada. Así memo, recolle a localización xeográfica dos proxectos e os datos estatísticos provinciais e autonómicos.

ublicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar no ano 2009. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Recompilación dos principais datos da Comunidade Autónoma de Galicia, referidos fundamentalmente ao ano 2009 e ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións e sancións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo e empresas de traballo temporal.

Lingua/s
Galego