Catálogo

Amosando 157 - 168 de 379

Boletín electrónico, de periodicidade trimestral, que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e dar visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Anuario no que se reúnen as distintas actividades e operacións estatísticas relacionadas co ámbito sociolaboral galego referido ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal e desprazamento transnacional de persoas traballadoras. O obxectivo final da publicación é dar unha visión global do panorama sociolaboral galego.

Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerarar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.

Guía dirixida ás pemes galegas do sector adegueiro de Galicia, para as axudar a que se inicien nos criterios de responsabilidade social empresarial e ofrecerlles información sobre as ferramentas que poden utilizar para introduciren un comportamento responsable e comunicarllo aos seus grupos de interese.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

Publicación na que se describen os principais riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías e as medidas preventivas que se deben adoptar para os previr.

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitación de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións maís salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).