Catálogo

Amosando 109 - 120 de 347
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.

25,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, na cal se propón como liña argumental os fitos históricos do fútbol en Galicia facendo un percorrido cronolóxico desde finais do século XIX até a actualidade, que se inicia cos primeiros éxitos do Vigo e o Fortuna na Copa de España e conclúe cos triunfos internacionais recentes dos xogadores galegos.

 

 

Temáticas
30,00 €
Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición "Auga doce. Agua dulce", con textos do comité científico da exposición, texto de Gabriel García Márquez e texto introductorio descritivo da exposición. Selección de 220 imaxes de obras da exposición.

Temáticas
30,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición "Castelao maxistral", que ten como eixo o cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre". Nos contidos inclúense os debuxos de Castelao relacionados coa escola e educación e a situación das escolas en Galicia no primeiro terzo do século XX.

Temáticas
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Primeira monografía editada en español sobre a artista escocesa Susan Philipsz. Con motivo da súa exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea presentamos unha compilación das súas obras relacionadas cos temas da ausencia, a perda e a morriña. Os textos reunidos nesta edición fan dela unha ferramenta fundamental para comprender a traxectoria da artista, así como as últimas tendencias en experimentación sonora en formatos de exposición.

Temáticas
Autor/a
Von Hafe Pérez
Miguel
Autor/a
Martínez
Rosa
Autor/a
Rivas
Manuel
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

A exposición de Cristina García Rodero "Transtempo", organizada polo Xacobeo en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, presenta unha serie de obras realizadas pola fotógrafa desde os anos setenta até a actualidade. Esta obra, coeditada pola Xunta de Galicia e a editorial La Fábrica, reúne unha selección das pezas máis destacadas que constitúen esa mostra con textos de Miguel von Hafe Pérez, Rosa Martínez e Manuel Rivas.

Temáticas
12,00 €

Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada "A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria". Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.

Temáticas