Número oito da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Número oito da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Catálogo da exposición Camilo José Cela, realizada con motivo do centenario do nacemento do grande creador literario galego. Inaugurada na Biblioteca Nacional polo rei, estivo comisariada polo profesor Adolfo Sotelo, un dos meirandes especialistas na obra de Cela, conforma un retrato poliédrico sobre o Nobel, e amosa a súa actividade non só como novelista, senón como periodista, editor, dramaturgo, actor, pintor ou coleccionista, nun intento de achegarlle ao público visitante a potencia creativa do autor
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2016 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas doce especialidades, así como de fotografías das autoras e dos autores e das obras gañadoras.
Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Catálogo da exposición de fotografía de Emmanuel Sougez (1889-1972) realizada no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha figura singular, entregada á fotografía pictórica, con repercusión tamén na crítica de arte.
Boletín científico do Museo de Belas Artes da Coruña. Número monográfico que recolle as conferencias do encontro sobre arte e emocións, celebrado no museo en 2014.
Número sete da revista científica "Ad Limina". Revista de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os ditos fondos. Complétase con textos realizados por especialistas sobre a materia. Mantense o idioma orixinal no que se redactaron os referidos textos.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Descrición do mosteiro de San Clodio (Leiro), desde as súas orixes ata a actualidade, na que se comentan todas as transformacións das que foi obxecto. Nunha segunda parte faise referencia ás obras levadas a cabo para a súa conversión en hotel de 4 estrelas.
Catálogo da exposición organizada en 1990 polo Museo de Belas Artes da Coruña e o Ministerio de Cultura a partir da recuperación da táboa de Rubens, "Dédalo e o Minotauro", roubada na antiga sede do museo en 1985 xunto con outra táboa do mesmo autor, "Psique (La Aurora)". Contén varios artigos sobre o roubo e o proceso de recuperación das dúas obras, así como un completo estudo sobre o proxecto de Rubens para a Torre da Parada, do que ambos os bosquexos formaban parte.
Catálogo da exposición colectiva dos principais artistas plásticos que teñen a cerámica como material básico do seu traballo e da súa expresión artística.