Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Norte, celebrado en Mondoñedo e Ribadeo os días 19, 20 e 21 de febreiro e 4 de marzo de 2009, no que participaron expertos nesta ruta, profesores universitarios, representantes eclesiásticos de Galicia e das demais comunidades. Na publicación recóllense tres grandes seccións: o Camiño para os peregrinos, o patrimonio cultural e ambiental e o turismo.