Documento estratéxico que recolle o marco de traballo para avanzar na humanización do Servizo Galego de Saúde.
Documento estratéxico que recolle o marco de traballo para avanzar na humanización do Servizo Galego de Saúde.
Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.
Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Boletín informativo de periodicidad bimestral elaborado por la Sección de Publicaciones y Estadísticas de la Secretaría General Técnica de la Consellería de Política Social. Se estructura en varias secciones: Actualidad, Estadísticas, Alertas y Normativa, y tiene como principal objetivo informar sobre las actuaciones más destacadas de la Consellería en su ámbito competencial y la información y formación de las personas usuarias.
Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.
Resumo da actividade global, de descrición detallada, da actividade realizada polos distintos Servizos da Área Sanitaria de Ferrol ao longo do ano 2018, tanto no hospital como nos centros de saúde.
Este é o documento marco das directrices do control do VIH e as outras ITS para o período indicado en Galicia. Nel detállanse os obxectivos, as actividades e os indicadores.
Protocolo do uso da profilaxe pre-exposición á infección polo VIH dirixido fundamentalmente ao persoal sanitario do Sergas.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
ArGaMed é unha serie de publicacións en liña que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, todos eles desenvolvidos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Publica dous números por ano, que poden conter estudos ou edicións (críticas ou paleográficas, novas ou revisadas) relacionados cos proxectos mencionados.
Este nº 1 corresponde á transcrición paleográfica do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
O Consello de Bioética de Galicia, en cumprimento da súa función de ser órgano de referencia en materia de bioética para os comités de ética asistencial do Servizo Galego de Saúde, realizou a súa xornada anual coa participación e representación de membros dos mencionados comités co obxectivo de coñecer e poder confluír nunha liña común de traballo: a planificación anticipada das decisións na atención sanitaria.