Catálogo

Amosando 13 - 24 de 58
Fotógrafo/a
García Rodero
Cristina
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Selección de fotografías feitas por Cristina García Rodero en Grabarka, o centro de peregrinación máis importante da Igrexa Ortodoxa Autocéfala Polaca, que presenta así un documento gráfico cunha beleza estética sorprendente, onde aparecen os numerosos peregrinos portando as cruces ofrecidas como petición ou agradecemento ao Cristo Salvador, seguindo unha tradición que pode remontarse ao século XIII.

 

 

Temáticas
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Galego

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas no que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral, etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos, etc. Así mesmo, o apartado “Mais alá do Camiño”, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

Autor/a
Pagán
Alberte
Tradutor/a
Nogueira
Carmen
Lingua/s
Castelán
Galego

Aproximación ao cinema experimental dos anos 1945 a 1990 coa análise crítica e descritiva dunha escolma de películas de gran calidade artística realizadas fóra dos circuítos comerciais e que se desenvolven nos límites das normas expresivas e estéticas, e que resulta fundamental á hora de achegarse a moitas das linguaxes audiovisuais que conforman o imaxinario colectivo da fin do milenio.​

O folleto presenta 25 rutas paisaxísticas, unha selección de 50 miradoiros en toda Galicia e sete miradoiros urbanos. Estas rutas están concibidas para seren percorridas en coche descubrindo os valores da paisaxe galega. Esta selección de miradoiros permite unha nova visión de todo o territorio e das distintas áreas paisaxísticas desde o alto. Os miradoiros urbanos dannos unha nova perspectiva das nosas cidades.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os cámpings de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos e albergues turísticos de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os establecementos de turismo rural de Galicia con fotografía de cada un deles, os seus datos e mais os servizos que ofrece. Aparecen distribuídos por provincias e, dentro de cada unha, por categorías. Saliéntanse os que teñen o Q de Calidade. Inclúese un mapa cos principais espazos naturais e unha listaxe coas asociacións de turismo rural.​

Este proxecto expositivo fai un percorrido a través da historia, constitúe un relato de desenvolvemento, modernidade e internacionalización. A través de 65 fotografías percórrense as estacións do tren que comunicaban o Douro e o Miño. Fotografías realizadas en fototipia polo prestixioso Emilio Biel.

Temáticas

Obra na que as letradas e os letrados da Xunta de Galicia revisan a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal e como xa fixeran na publicación "Lei 30/92 comentada por letrados da Xunta de Galicia". Este colectivo profesional achega o seu rigor científico, especialización e visión práctica das cuestións que deben solucionar os operadores xurídicos galegos, destinatarios últimos deste libro. Cada artigo da devandita lei conta con comentarios que ademais fan referencias a outras normas (como a Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público) e á xurisprudencia de interese (con especial referencia á do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), e ofrece debates e solucións para a práctica diaria.

Autor/a
Dalda Escudero
Juan Luis
Coautor/a
García-Docampo
Manuel
Autor/a
González Harguindey
Javier
Lingua/s
Galego

Esta publicación é o resultado do informe feito no ano 2002 polos departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e de Socioloxía da Universidade da Coruña no marco do Proxecto Cidade Difusa no Noroeste Peninsular, correpondente a un programa Interreg 2C-Espazo Atlántico, da Unión Europea.
O obxecto principal do referido proxecto buscaba visualizar e interpretar o sistema urbano-territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como estudar as súas tendencias e dinámicas de evolución.