Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (31), a partir dunha certificación de armas, faise un percorrido polas distintas manifestacións da heráldica nos documentos de arquivo e unha introdución á xénese e desenvolvemento desta ciencia auxiliar da historia.