Catálogo

Amosando 865 - 876 de 1424

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).

Manual formativo divulgativo das medidas básicas para a prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) entre os traballadores e traballadoras do sector da conserva de atún. Achega ademais as claves da prevención íntegra de todos os axentes implicados.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego das persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014. Este plan ten como principal finalidade lograr un meirande recoñecemento social das persoas maiores, a súa protección e a mellora dos seus recursos asistenciais.

Publicación electrónica en liña verbo do Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os seus resultados no período 1995-2013.

Publicación que ten como obxectivo servir de instrumento de mellora da comunicación, útil como referencia e recordatorio, cunha utilidade clara para todos os traballadores do Sergas. No manual recóllense pautas e recomendacións sobre como actuar en determinadas situacións que se dan con frecuencia entre profesionais, pacientes e usuarios nos servizos sanitarios, relacionadas coa atención, o trato e a comunicación efectiva, como comunicarse a través de diversas canles, como xestionar situacións difíciles, recomendacións para a atención a diversos colectivos especiais, breves referencias aos dereitos e valores da institución, así como ao confort, a responsabilidade social e a imaxe corporativa

Publicación electrónica en liña que recolle o informe descritivo do Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os seus resultados no período 2013.