O Consello de Bioética de Galicia, en cumprimento da súa función de ser órgano de referencia en materia de bioética para os comités de ética asistencial do Servizo Galego de Saúde, realizou a súa xornada anual coa participación e representación de membros dos mencionados comités co obxectivo de coñecer e poder confluír nunha liña común de traballo: a planificación anticipada das decisións na atención sanitaria.